"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Construíndo Percepcións

O ser humano non deixa de crear escenarios para sentirse real, pero a realidade que crea non resolve os enigmas do "material". A súa acción é o medio para a súa propia concreción como tal ser humano, dentro da substancia mesma na que está constituído. O seu esforzo non ten como fin a creación do externo a el; se acaso é un intento para comprender a súa existencia ou a materia de que está feito, a partir de dar forma ás posibilidades que emerxen da realidade como a coñecemos. As cales, concrétanse grazas ás propias crenzas, á memoria, á imaxinación, ao ser en si mesmo.
 
Como dixo J.Clair: "...o mundo non é máis que aparencia, velo, ilusión, sucesión infinita de fenómenos transitorios aos que tan só o noso desexo erótico dá a aparencia dunha continuidade e dun sentido. Todo móvese continuamente como imaxes inseguras sobre unha pantalla de líquidos cambiantes, todo transfórmase e todo bórrase, para deixar lugar ao baleiro esencial sobre o que repousa iso que chamamos realidade". Esta realidade móstrase ante os nosos ollos, e cada persoa percíbea de maneira distinta. Na percepción encontramos moitísimos e variados puntos de vista e formas, por unha parte percibir é un sentir máis que un ver ou ollar, é dicir, é ir máis alá da simple visión, pois na percepción inflúen os nosos coñecementos, sensacións, memoria, experiencias, etc.

Cremos que cando falamos de algo que non existe comeza a existir, pero se decidimos que non exista, entón deixa de existir, quizais son simples ideas abstractas, pero non por iso menos real que o que vemos ou tocamos. 

Como dixo Ilya Kabakov: "A verdadeira existencia dunha persoa, non a mera supervivencia, comeza no momento en que elixe o seu proxecto"

Albíscase o estado da alma como unha paisaxe baleira, un mundo deserto e ilimitado, SEN FRONTEIRAS. É a idea, o pensamento ou a sensación o que nos incita a crear, encontrando distintas formas de representacións, onde nada ten porqué levar un tempo ou unha orde, simplemente o que podemos imaxinar podémolo comprender, experimentar ou desenvolver a través das nosas facultades, e intervir de certa forma no mundo exterior. Por outra banda nós mesmos limitámosnos tanto mental coma socialmente. Como poder entender, sentir ou crer unha obra se nos poñemos fronteiras a cada paso? Como dixo Maurice Denis: "A arte non é unha experiencia puramente visual que podamos rexistrar simplemente, nin tampouco unha fotografía especialmente sofisticada. Non, a arte é unha obra do noso intelecto, unha obra que só foi desencadeada pola natureza. Máis que traballar a través dos ollos, concentramos o noso estudo como dixo Gauguin, no centro silencioso da mente."

Primera exposición do grupo "Sol Poniente" na Casa da Xuventude de Vigo, do 2 ó 12 de novembro.
Escultura, grabado, pintura e debuxo.

"Construíndo percepcións"
Diálogo da obra, ó crecemento da persoa.
Diante túa, NÓS ESPELLO.
No desenrolo do caos, CONSTRUCCIÓN.
Fronte a agresión do orgánico, SUTILEZA.
Desfacendo o nó emocional, EXPRESIÓN.
Nós, como espello, construímos a sutileza da expresión según as percepcións emocionais co que depuramos o entorno."
Participantes:
Debuxo e pintura: Olalla Fernández.
Pintura: Alicia Pérez.
Grabado: Yellice Rodríguez.
Escultura: Ángel Moral

Sala de exposicións da Casa da Xuventude
Rúa López Mora,31
36211 Vigo
Horario de visitas de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
Esperamos que disfrutedes....

Olalla Fernández


Ángel Moral, Yellice Rodríguez (sentada no chan) e Alicia Pérez


Pola nosa parte xa montamos e está todo listo para vós:




No hay comentarios: