"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

jueves, 30 de junio de 2011

As carpetas para as serigrafías IV y V

Aquí van dous máis, aínda quedan moitas por facer, tempo o tempo.

No exterior:


O interior coas serigrafías:


 O interior sen as serigrafías:

Aínda queda moitas carpetiñas e moitas cousas son as que pode facer a nena no territorio natural...



martes, 28 de junio de 2011

Inauguración da Exposición de Serigrafía Artística na EMAO en homenaxe a "MIRO"

Aquí van as obras que están expostas, o directo e moito mellor sempre. Ademais as fotos que quitei son bastante malas... Pero aínda así espero que gocedes e que vaiades os que non fostes onte.

Yellice facendo a entrega dun pequeno agasallo feito con moito agarimo para "MIRO"



E aquí as fotografías da exposición:



Foi unha etapa moi productiva, na que empezamos con "MIRO" (Delmiro Bernárdez Outerelo) e acabamos o noso percorrido na Serigrafía Artística con Nelson Villalobos e Julio.

Eu por miña parte, non teño máis que dicir que me levo un boísimo recordo destes anos e unhas novas amistades.

Pero aínda queda a festa fin de curso da EMAO.....

Aínda podedes ir vela que está ata o 30 de xunio nos baixos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, na aula de Serigrafía Artística.


lunes, 27 de junio de 2011

As carpetas para as serigrafías

Aquí van 3 exemplares das carpetas para as serigrafías de "Paseo por territorio natural"
Cada un dos 16 exemplares teñen o seu exterior como o seu interior con distintas ilustracións.

Os primeiros tres exemplares:


O interior coa súa serie de serigrafías:


O seu interior sen as serigrafías:


Coma sempre o límite, que mañán é a exposición...
Están feitas con acuarela sobre papel Academia de Fabriano de 350 grs.
A dimensión de cada carpeta é de: 36 cm x 7 cm.

Aquí as carpetas na exposición con unha pequena parte das obras:





sábado, 25 de junio de 2011

Exposición de Serigrafías en la EMAO 2011

Os alumnos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (c/. García Barbón, 5) mostraremos os nosos traballos na aula/taller de Serigafía Artística (no \"soto\") da escola os días 27, 28, 29 e 30 de Xuño.
De 16:00 a 21:00 horas.

As obras son todas orixinais do curso 2010-2011. A variedade e a riqueza da exposición está a vista, pois os autores non teñen nada que ver na súa expresión e interpretación do mundo. Esperámosvos!!!


PARTICIPANTES:

1º CUESO. GRUPO 1:
MONICA, MACARENA, CHUS LAÚZARA, CURRO, JOSE, DENIS, ROBERTO, LAURA, MARGA, FRANCISCO, TOA.
 
1ºCURSO. GRUPO 2:
MARIA, MAITE, RAQUEL, BEA, BEGOÑA, ROUSA, CLARA.
 
2º CURSO
MAYOYA, MARIA DEL RIO, MARIA MARIÑO, AIDA, FINA, ALBERTO GRANADA, ROBERTO, JUANJO, KATIA, JOSE, INMA, ALBERTO.
PROYECTOS:
ESTHER, EMILIO, OLALLA, YELLICE
                       


Un saudiño e unha aperta.

 Aqui vai un añadido a 7 de xulio, o reportaxe no Faro de Vigo na páxina 8 do archivo:

http://medias.farodevigo.es/documentos/2011-08-05_DOC_2011-07-05_22_35_40_vigo4costados.pdf

Aqui vai a imaxe, pero para leelo mellor ir o enlace:


jueves, 23 de junio de 2011

Recolectando Polen

Estes días ando desaparecida, supoño que o estudar non ocupa lugar.
Pero se necesitan enerxías e forzas das plantas para poder continuar, un pouquiño de polen nunca ben mal.
Si es que... A nena dos cabelos vermellos sabe recoñecer o bo.


 Cuestión de chegar, baixar e recolectar... ¡Ummm ...Que rico!. Se non fora polo pez volador, que faría a nena dos cabelos vermellos, supoño que ir camiñando.




Este é o debuxo de descanxo despois de tanta programación... Que sería de min se non fixera debuxos, pos supoño que tiraría para o monte.

viernes, 17 de junio de 2011

Se as mariquitas son así... ¿Como serán as baleas?

Maruca hoxe ofreceuse o seu amigo monstro a limpar a súa mascota.
Cando a viu o primeiro que pensou foi: Se este é o tamaño dunha mariquita... ¿Como serán as baleas neste lugar?




.....

lunes, 13 de junio de 2011

¿Que tal por ahí abaixo?

Ferreiriño abelleiro (¿con algo de ferreiriño bacachís?)



Cando tengo un oco o un descanso. Sigo practicando, debuxando paxaros... Esta máis ben parece unha mestura entre o ferreriño abelleiro e o ferreiriño bacachís, creo que a miña imaxe mental tivo moito neste debuxo, por que sempre mos confundo e iso que teñen unas características moi ben diferenciadas...





domingo, 12 de junio de 2011

O camiño que tomou o territorio natural

Aquí deixo unha pequena foto no que se están a transformar as serigrafías do Proxecto... Aínda queda un longo camiño, fáltame tempo ou non. Cada unha e cada serie delas, intervidas con pintura.









miércoles, 8 de junio de 2011

Verde volador.

 Verderolo


Entre retoque e retoque das serigrafías (que poñerei máis adiante) un descanso para seguir practicando, hoxe tocou un pouco de aves...  Debuxa, debuxa, pinta, pinta...

sábado, 4 de junio de 2011

Inauguración do 3 de xunio 2011, no Golem.

Gozamos non só de boa comida senón tamén de boísima compañía, estamos moi agradecidos a todos os asistentes este día e tamén aos que veñan nos días próximos. A exposición está no Golem café(Rúa Irmandiños,2, Vigo), ao final a exposición se amplía ata o 10 de XULLO 2011.
Persoalmente teño que repetir as grazas a tod@s os que viñestes á inauguración, así dá gusto. Grazas polo apoio! Fíxome moita ilusión e espero que disfrutárais tanto da exposición como do lugar. Un saudiño a tod@s!! E o resto aínda estais a tempo para pasaros polo GOLEM tomaros algo e ver a variedade nas obras e como non a calidade ;)
Algúns dos que viñeron a inauguración e algunhas fotos das obras:



E nós, as integrantes de SOL PONIENTE, esperamos que gozásedes tanto dese día como das obras expostas. E o resto esperamos que disfruteis da exposición cando vaiades a vela.
Un saúdo e unha gran aperta de todas.

Ah! Case me esquezo e non mo perdoaría, de todas aquelas persoas que non están preto pero que sabemos que vendrían e compartirían todos os momentos e unha cañita con nós. Que sepades que os levo conmigo sempre...


Fin da exposición 10 de Xulio