"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

jueves, 23 de diciembre de 2010

Felices Festas



 A nena dos cabelos vermellos, maruca e os seus monstros e eu desexamos que cada persona poda cumprir os seus soños, por iso mandamos o ceo cada un dos soños das persoas do mundo, pa que nalgures alguén poda escoitalos e axudarlles a leva-los a cabo. Que aínda que a ilusión non nos da de comer, sempre axuda a vivir.

Felices festas a tod@s.... E que os vosos desexos se cumpran tanto agora como despois. Non perdades nunca a ilusión neste proxecto que é a vida.

martes, 7 de diciembre de 2010

viernes, 3 de diciembre de 2010

A nena dos cabelos vermellos I, II, III, IV



I
Pedindo desexos.


II
Os desexos saen voando.

Paseando coa balea... Gústame saír pola  fiestra e sentir o aire na cara enriba da balea que baila coas ondas...

III
Ven paxariña, aquí tes as túas crías, atopeinas no chan feitas un vulto de papel, gardeinas e coa calor saíron do seu enredo...

IV
Para poder durmir conta persoas que transportan ovellas durmidas...


Así comezou a nena dos cabelos vermellos







O roubo da cor verde












E cando chega a noite: Os monstros de Maruca



Todos estes son esbozos para futuras ilustracións ou contos (esa é a miña idea), xa que cando os empece a facer máis profundamente usarei un papel mellor. Mentres aproveito os que teño, a fin de conta cando queres expresarte o importante e ter onde facelo. Digamos que son pequenos comezos pa ver onde me levan.

Boas noites :D

jueves, 2 de diciembre de 2010

Un acercamento a Barcelona

Espero volver, namoreime do Parque Güell e da Catedral Gótica de Santa Cruz y Santa Eulalia. A verdade e que é unha cidade con moita arquitectura e moito que ver. Pero nun día e pouco máis non me deu tempo a ver moito, o típico de turistas e aínda así quedounos por profundar.




Queda moito para visitar, tanto en arquitectura, como en museos, exposicións, etc.

Visitamos: Ramblas, Mercado de la Boquera, Museu de cera, Le bosc de les fades, Passarge del temps, Barrio gótico "Carrer del Bisbe", Catedral Gótica de Santa cruz y Santa Eulalia, La Sagrada Familia, La Pedrera - Casa Milá, Exposición de Javier Mariscal, Suites Avenue - Toyo Ito, Casa Amatller, Casa Batlló, Palau de la Música Catalana....

jueves, 25 de noviembre de 2010

A senda da avoa

Unha ollada o pasado pertencente a serie "A senda da avoa". 

"A senda da avoa. Recordos"

"A senda da avoa. Transportes"

Algúns detalles do antes, do despois e de cada cadrado...:



Abur...

Un pouquiño de tinta

Xogando coa tinta.






Barrios I. Punto do Polbo.

Esta obra pertence a una serie que está en proceso e que non sei se acabaré, simplemente é unha serie co fin de encontrarme coa pintura máis a gusto... Serán de 80 x 60 cm.
É sobre os barrios de Vigo. Entendo por barrio ese pequeno lugar onde unha infinidade de seres intenta convivir. Quizais, non é o territorio máis pequeno dentro de Vigo, pero é como logramos dividir a cidade. O mundo está cheo de divisións, de límites, de trabas… O que pretendo é representar esa territorialidade, ese separatismo que comeza no individuo e acaba no global. Esa característica en que nos parecemos tanto aos animais, por iso cada conxunto de barrios represéntoos cun animal, insecto, etc.… Ao ver as obras dáche a sensación de que os animais caen sobre estes barrios, mostra unha forza animal superior ao conxunto de miniaturas coas que represento as casas, os edificios, parques, etc.… Ese poder da natureza sobre nós, pois estamos a súa mercé e o mesmo tempo todas as divisións que mantemos entre nós, mostrada a través da propiedade (como son as casas). Ese costume de dividir todo, o que provoca que en vez de fortes sexamos febles ante todo ao non entender que formamos parte dun conxunto, o primeiro que pensamos é que aquilo que non é igual, que non ten a mesma forma (as casas e o animal) atácanos… Por outra banda está esa unión entre a natureza e as nosas construcións, que se unen para crear unha obra rechamante e forte. Ás veces simplemente ao non entender o que vemos reflectimos o noso medo niso, neste caso moitas persoas cren que o animal ataca esa cidade, outros gozan da imaxe coa súa cor, a súa esquematización e forza, e outros simplemente encontran a relación dos barrios cos animais que se ven representados… A percepción de cada persoa ante unha obra é moi distinta e igual de válida que as do resto, senón que limitado sería todo ¿Non? Un xogo de divisións a que nos enfrontamos diariamente…



Barrios I. Punto do Polbo.
Acrílico sobre cartón. 71 x 89 cm.

sábado, 13 de noviembre de 2010

CONTRASTE I - CONTRASTE II

A continuación mostrarei dous cadros que estiveron na exposición de "Construíndo percepcións". Nestas dúas obras xoguei co contraste entre o Vigo rural e o Vigo urbano. Dous mundos distintos que conviven xuntos nesta cidade, entre as súas rúas cheas de edificios aínda podemos encontrar esa parte rural que alberga un sentido distinto á hora de pensar en veciños, un rural que achega en moitos casos ese verde natural que nos é tan necesario. Enchendo a cidade dunha vida non só a nivel de flora senón tamén de fauna, zonas que van liquidando para crear moles de edificios que tan sequera dan vendido. Tanto esforzo en construír edificios, tanto diñeiro, para que a metade do centro este con vivendas baleiras, para que moitos destes edificios non teñan dono ata saber cando.

Upss!!! Desvíome do tema. Nestas dúas obras quero mostrar estas contraposicións entre tonos fríos como mostra a cidade e os tonos cálidos que nos dá a parte rural. Ese contraste entre estar vixiados por cámaras de mil comercios, caixeiros, no porto... contrastada coa intimidade da propia vivenda. Veciños, en fin eses témolos en ámbolos dous campos e son os maiores vixiantes do barrio. Pero é máis doado establecer relación entre 20 casas ou nun barrio, que establece-lo nun edificio onde viven 64 persoas que non ollan máis alá do seu...

Estas obras simplemente pretenden mostrar ese contraste entre o urbano e rural, entre a frialdade e a calor, non é máis que unha interpretación dunha das moitas realidades que nos rodean día a día.



Constraste I. Veciños.
 Acrílico sobre lona. 100 x 70 cm.
Vigo. 2010




Constraste II. Gaiteira do Paporroibo.
 Acrílico sobre lona. 100 x 70 cm.
Vigo. 2010