"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

jueves, 25 de noviembre de 2010

Barrios I. Punto do Polbo.

Esta obra pertence a una serie que está en proceso e que non sei se acabaré, simplemente é unha serie co fin de encontrarme coa pintura máis a gusto... Serán de 80 x 60 cm.
É sobre os barrios de Vigo. Entendo por barrio ese pequeno lugar onde unha infinidade de seres intenta convivir. Quizais, non é o territorio máis pequeno dentro de Vigo, pero é como logramos dividir a cidade. O mundo está cheo de divisións, de límites, de trabas… O que pretendo é representar esa territorialidade, ese separatismo que comeza no individuo e acaba no global. Esa característica en que nos parecemos tanto aos animais, por iso cada conxunto de barrios represéntoos cun animal, insecto, etc.… Ao ver as obras dáche a sensación de que os animais caen sobre estes barrios, mostra unha forza animal superior ao conxunto de miniaturas coas que represento as casas, os edificios, parques, etc.… Ese poder da natureza sobre nós, pois estamos a súa mercé e o mesmo tempo todas as divisións que mantemos entre nós, mostrada a través da propiedade (como son as casas). Ese costume de dividir todo, o que provoca que en vez de fortes sexamos febles ante todo ao non entender que formamos parte dun conxunto, o primeiro que pensamos é que aquilo que non é igual, que non ten a mesma forma (as casas e o animal) atácanos… Por outra banda está esa unión entre a natureza e as nosas construcións, que se unen para crear unha obra rechamante e forte. Ás veces simplemente ao non entender o que vemos reflectimos o noso medo niso, neste caso moitas persoas cren que o animal ataca esa cidade, outros gozan da imaxe coa súa cor, a súa esquematización e forza, e outros simplemente encontran a relación dos barrios cos animais que se ven representados… A percepción de cada persoa ante unha obra é moi distinta e igual de válida que as do resto, senón que limitado sería todo ¿Non? Un xogo de divisións a que nos enfrontamos diariamente…



Barrios I. Punto do Polbo.
Acrílico sobre cartón. 71 x 89 cm.

No hay comentarios: