"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

miércoles, 22 de febrero de 2012

A nena dos cabelos vermellos rega os Gamusinos.

Cada certo tempo a nena dos cabelos vermellos queda co seu amigo Camachuelo, aínda que ela o  coñece como Paporroibo Real... El a recolle no seu calcetín e ambos van regar os Gamusinos. É unha gran tarefa, pois aínda que non se sabe os Gamusinos son moitos, pero camúflanse moi ben.

Unha vez regados os Gamusinos empezan a poñerse verdes, e é así como os localiza para poder falar con eles. Se non fai isto nunca sabe se fala con eles ou con unha pedra.









miércoles, 15 de febrero de 2012

Un dos meus debuxos na pel dunha amiga.

Fai un tempo unha amiga pediume un debuxo para unha tatuaxe. En principio as súas indicacións foron: unha lúa atravesada por unha rama con un búho... Coñecendo un pouquiño os seus gustos e despois de mostrarlle 3 deseños distintos elixiu este:




O fixeron na tenda de Caramba en Vigo.

E menudo traballo que fixeron, aunque a foto non é moi boa, é precioso velo en directo. Quedoulle xenial, e persoalmente fascíname ver un debuxo meu na pel dunha persoa e máis dunha amiga.
Gracias C., sempre quixen ver un dos meus debuxos na pel.

Sempre se pode facer estilos e cousas distintas...

miércoles, 1 de febrero de 2012

Gracias MO por pensar en este blog!!

Mentres pelexábame co meu portátil, coas súas toleadas que alteran o teclado, con tódolos problemas que estábame a dar para poder facer unha simple entrada nun dos blogs nos que participo, volvín ó escritorio e encontreime cun comentario de MO!! e facendo caso o seu comentario entrei no seu blog: http://crisalida-mononoke.blogspot.com/ e alí encontrei unha sorpresa grata, entre as súas eleccións de "Premio Liebster Blog Award" estaba o meu blog.



Grazas por terme en conta MO!!  Crisálida:




Agora a explicación do "Premio Liebster Blog Award". É un premio que se concede de blogger a blogger, reservado únicamente a blogs con menos de 200 seguidores. O blog afortunado que recibe este premio ten que facer o seguinte:

1. Agradecer o premio a persoa que o concedeu e postear o link do seu blog.




2. Outorgar o premio a 5 blogs e enviar un comentario a cada un deles.

Difícil escoller entre todos os blogs que sigo e curioseo, difícil escoller tan só 5 a verdade, pero bueno... Aqui van 5 pequenas seleccións, escollerei un pouco de variedade:



Polo seu amor as artes gráficas...
............



Polo seu esforzo en capturar e loitar a súa maneira pola fauna que tócame de cerca...
............

Mercedes Pérez "Kotori": http://elreflejodeuzume.blogspot.com/

Y aquí una muestra de los Haikus de kotori:

hojarasca helada...
el crujido de un árbol 
que se desploma.

Por os seus Haikus, e as imaxes que compón para eles...
............


Emmanuel Chaussade: http://aima007.blogspot.com/


Pola súa información a través das imaxes e a súa constancia diaria...
............




Polas seu aprecio o sutil, o que se nos pode escapar...


O daría a moitos máis sen dúbida pero aqui van estes.
Un saúdo e boas noites......