"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

jueves, 18 de agosto de 2011

Vacaloura I

Aquí vai uns pequenos debuxos de este fantástico escaravello. Encántame, son as primeiras probas para un pequeno proxecto dun agasallo... Primeiro as pintei en conxunto como non me gustou, recorteinas e púxenas por separado cada unha no seu papel branco.

Vacalouras






Queda moita senda...



jueves, 11 de agosto de 2011

Gabeador azul


Gabeador Azul


Sigo practicando paxariños... Non podo pintar tantos coma antes por que ando a facer outras cousas, pero de vez en cando paro para ter outra visión, e debuxo un paxaro para discorrer nas solucións e o funcionamento doutros debuxos.

Boas noites ou bos días.




jueves, 4 de agosto de 2011

As Carpetas para as serigrafías XI

Aquí vai a número 11...
Para eses namorad@s da vida que queren compartila con alguén especial. "3" AM ;)
Para todas as nenas de cabelos vermellos que algunha vez se namoraron ou o están, e para as que siguen disfrutando voando.

Un primeiro boceto ou intento:




A carpeta por diante:


A carpeta coas serigrafías:


A carpeta sen as serigrafías:


Un par de detalles:





Boas noites os que están namorad@s de alguén, e tamén os namorad@s da vida :)
Non hai mellor amante que os bos instantes :)

lunes, 1 de agosto de 2011

Exposición: "Olladas Cotiás" na Galería Sargadelos de Ourense


A Exposición "Olladas Cotiás" é unha mestura das nosas distintas visións do mundo máis próximo.

Alicia
A pintura representa para ela un produto de fantasía, algo real como a vida, vista dehnde ese ollo observador expectante a súa contorna. O pincel é a ferramenta que mostra a man que crea, a golpe de pincelada e de sensibilidade, enfrontándose ao lenzo en branco e buscando o momento en que a súa persoa teña algo que dicir....
Conta o que ve e como o ve, mostrando en moitas das súas obras os seus soños sen esquecer o seu mundo máis próximo, dunha forma ás veces pouco real, entre o conto, a ironía ou a comicidade.
Utiliza a forza da cor, xa que a cor é a súa arma máis forte, así como a forza das súas historias e da pincelada. A través de formas que non están puídas, como unha actitude, forza bruta, expresión sen complexos, calidez nas tonalidades e espontaneidade. Formas sen aditivos que falan por si mesmas ó ollo sen prexuízos.
Técnicas mixtas: lapis, pinturas á auga, acrílico e óleo, trasladando algunhas das súas pinturas ao campo da serigrafía artística.

Yellice
Formouse academicamente e artisticamente en Caracas e en Galicia, mostra un nexo de unión a través da maxia da luz e as cores que tanto lle influenciaron.
Plasma todo aquilo que observa inconsciente no seu entorno: construcións, natureza, sensacións…
Todo iso dá lugar a un mundo imaxinario, surrealista e abstracto.
Blog: http://yellice303.blogspot.com/

Olalla
O debuxo é o seu modo de expresión máis directo. Non tenta máis que mostrar eses pequenos detalles que ás veces nos podemos perder, aquilo que lle fai sentirse viva ou lle interesa. Xoga entre o pasado e o presente, o natural do ser humano tanto coa súa contorna como consigo mesmo. Presenta historias, momentos e instantes pero sempre desde unha perspectiva optimista do mundo no que nos tocou vivir, pois cre que a vida xa nos mostra as súas propias dificultades. A súa compañeira de viaxe é o lapis e a súa visión ilustrativa do mundo fai-se notar nos  medios de expresión que utiliza.
Blog: http://vacalouraofl.blogspot.com/

A exposición pódese visitar na dirección seguinte: Avenida  da Habana, 12, baixo, na galería Sargadelos de Ourense con horario  de:
Luns a venres de 10:00 a 13:30 e 16:30 a 20:00 h
Sábados de 10:00 a 13:30 h

Estará dende o 30 de Xullo ao 27 de Agosto de 2011

A Galería e preciosa, cun espazo moi interesante e de teitos altos. Ademáis sereis moi ben recibidos e atendidos, e xa de paso coñeceredes un pouco máis Ourense ou por primeira vez, nunca e tarde para visitar as terras cercanas. Se vos pasades pola exposición espero que disfrutedes do que encontreis, ademáis é moi variado, tanto Alicia, Yellice coma eu temos un estilo e una forma de pensar e de percibir o mundo moi distinto...

Un saudiño.



Imaxes da exposición:






Por outra banda, as fotografías das obras que levei a exposición están mellor nestes enlaces do propio blog:
Serie espidos: http://vacalouraofl.blogspot.com/search/label/Serie%20espidos 
E Xeracións: http://vacalouraofl.blogspot.com/2011/03/xeracions.html

Un saudiño a tod@s!!