"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

viernes, 29 de julio de 2011

Exposición no Cabernet

Hoxe día 29 montamos unha nova exposición na Vinoteca Cabernet en Vigo.
Estades invitados a pasar o longo do mes e gozar das obras expostas.


A exposición presenta diferentes obras de pintura e serigrafía.
A localización é na C/ Teófilo Llorente, 29, 36202, Vigo.
A duración do 29 de Xullo ó 31 de Agosto.

Un saudiño.

A continuación as obras e as súas autoras:



O grupo de artistas plásticas composto por Alicia Pérez, Yellice Rodríguez e eu, temos outro blog do propio grupo: http://solponiente3m.blogspot.com/

Yellice: http://yellice303.blogspot.com/
Alicia nestes momentos non ten blog, pero  algunhas das súas obras están no blog de SOL PONIENTE.
E o meu que é este e xa o coñecedes, e quen non o coñeza, pois benvido, ¡Pasen e vexan esta pequena ventá que mostro o mundo exterior!

Un saudiño.

lunes, 25 de julio de 2011

As carpetas para as serigrafías IX

Nestes días teño o blog e o pincel algo abandonado, debido a un novo curso de diseño gráfico que empecei o pasado Luns... Pero mentres o meu corpo se adapta a este cambio de horario aquí vai a carpeta 9:

O exterior da carpeta:


 O interior sen as serigrafías:


 O interior coas serigrafías:


E agora algúns detalles desta nena, que o levantar a cámara fotográfica dí: ¡Mirade o paxariño!



Se antes ía pouco a pouco agora aínda máis....

viernes, 15 de julio de 2011

A nena dos cabelos vermellos encontra un peixe un tanto raro para ela

A nena dos cabelos vermellos está un tanto perdida nas profundidades. A encontrado un peixe que non coñece e non pertence o seu mundo pero... Creo que o peixe tamén se percata de que algo está a pasar.




 Ummmm... Onde estou? pregúntase a nena.


glub, glub, glub.... Burbullas, burbullas.



¿?

martes, 12 de julio de 2011

Bubela

Bubela


 Come, caza de paxaradas...



Practicar, practicar... Estiven a punto de meter a nena dos cabelos vermellos, pero a miraba con moita fame e tiña medo que a fora a comer.



domingo, 10 de julio de 2011

Bicogroso ou...

Pimpín Piñoneiro




Observando dende as alturas, está o Bicogroso atento... Parece que está a sorrir con cara de pillo.


Outro paxariño para dencansar un pouco... Practicar, practicar...

As carpetas para as serigrafías VIII

Aquí vai outra, xa ando na metade... Pouco a pouco.
Hoxe para a carpetiña, a nena pasea polo monte entre os distintos cogomelos do lugar, entretida nunha bufanda.

O exterior da carpeta:


O interior coas serigrafías:


 O interior sen as serigrafías:


Ganchilla, ganchilla...:

Camiñando pola senda, ganchillando as súas telas...

miércoles, 6 de julio de 2011

As carpetas para as serigrafías VII

Tivo un accidente pero xa está todo arranxado, é o que ten o mar, o exceso de auga non é bo... Pero xa encontrou un lugar onde descansar de tan largo viaxe...

O exterior da carpeta:




 O interior coas serigrafías:



O interior sen as serigrafías:




Pintando dende o mar:



Surca os mares, pincel en man... Co vaivén das olas, no seu barquiño, pintando vai.

martes, 5 de julio de 2011

A nena dos cabelos vermellos con pan para o ferreiriño abelleiro.

Ferreiriño abelleiro coa nena dos cabelos vermellos.
Tirando cara o simple, sen detalle a más...  E de paso un debuxo da nena dos cabelos vermellos e a seguir practicando cós paxaros.

As carpetas para as serigrafías VI

Aqui vai a número 6, pouco a pouco:

 O exterior da carpeta


 O interior coas serigrafías


E o interior sen as serigrafías



E aquí algún detalle das carpetas:









Pouco a pouco... Sen pausa pero sen prisas.

lunes, 4 de julio de 2011

domingo, 3 de julio de 2011

Picapeixe

"Picapeixe"
Facía tempo que non debuxaba un paxariño, xa tiña gañas de seguir practicando... practicar, practicar...