"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

jueves, 18 de octubre de 2012

A outra beira

Outra viaxe que fai saíndo coas estrelas mentras a esperan no día. Moita senda, moito mar ten que cruzar para chegar... Ondas, ondas coidado co barco de papel; dirixe ben o rumbo pequena non te vaias atopar cun remolino acabando no fondo da mar... Mira que o vixiante vela por ti dende o alto do faro, onde contabas estrelas, alí onde un día decidiches botarte a mar.










miércoles, 17 de octubre de 2012

Viaxando no desexo

A nena dos cabelos vermellos sempre está a desexar viaxar, voar, coñecer... E como non, facer realidade os seus soños voando cos impulsos dos seus desexos...








martes, 16 de octubre de 2012

Perdida

A nena dos cabelos vermellos, gústalle iso de navegar... O curioso e que nesta ocasión gardou tan ben o mapa, que agora anda perdida co tesouro que escondes as distintas terras no interior da botella. E como non, que mellor que a mar para dirixila a algunha beira, pois o mar as coñece todas...





lunes, 15 de octubre de 2012

Voando con Papoula

Nesta viaxe, a nena dos cabelos vermellos vai dunha beira a outra... ¿Onde acabará? quen sabe, so Papoula coñece os ventos que vai tomar.








domingo, 14 de octubre de 2012

Óleo para "Las 2 ORillas"

Para esta exposición e feito un cadro partindo de "Las 2 ORillas", miña intención é unha cousa, e o que vós podedes ver ou atopar nela pode ser outra... O que os podo contar é do que partín, a simple idea de dúas mans, esas dúas mans de dous mundos distintos, dous beiras... Illas que somos cada un de nós que nos unimos por un simple fío como pode ser un dedo para sentirnos en contacto. Coma sempre a natureza ten que estar presente, forma parte de todos nos e nos formamos parte dela, dende o MONTE DE VENUS observamos o bosque desvanecerse no vacío, o mesmo vacío do que nacen as mans...



E aquí o pequeno proceso en 6 pasos ata chegar o final:









sábado, 13 de octubre de 2012

Exposición Colectiva: "Las 2 ORillas"

Cartel  diseñado por Olalla-Ofl con un fragmento
 del cuadro de Marthazul titulado: "Azul con sabor a menta"
Detrás do marco: é moito máis cun café, é un punto de encontro cos amantes do arte, un lugar onde gozar cunha boa charla, con actuacións, con exposicións, talleres...


Un lugar que nos abre as portas para expoñer "Las 2 orillas", unha mestura de 7 pequenos mundos que acamparemos nas súas paredes desde o 19 de outubro ata o 9 de novembro de 2012. 

Estades tod@s invitad@s a inauguración que terá lugar este venres 19 de outubro as 21:00 horas.

O horario do café "Detrás do marco" e de 9:00 a 23:00 de luns a sábado, e está situado na R. Londres, s/n, 36202, Vigo.


LOCALIZACIÓN:

E agora os nomes dos que participaremos nesta exposición:

Marthazul
Augusto Metztli
Gonzalo
Esther F. Zapatero
Alicia Pérez
Yellice
Olalla-Ofl


Con os mellores desexos esperamos que gocen desta exposición, agradecendo a vosa presenza e o paseo polas orillas...