"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

lunes, 31 de enero de 2011

A nena dos cabelos vermellos XI

Sempre baixa das nubes pa darlle un dulce o salado...



Glub..

Espazo EMAO

Nace en Vigo un novo espazo onde disfrutar da calidade artesanal e artística, asi que, se tedes proxectos en mente, xa sabedes!! aproveitade para leva-los e darlle movemento a esta nova sala que se abre o público.

Dende o pasado 28 de xaneiro e ata o 26 de Marzo, poderedes disfrutar da primeira exposición neste espazo chamada "Proxecto apertura", na que se recollen unhas 50 obras dos distintos alumnos actuales e recentes nas especialidades que se imparten na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. 

Para os que non sepan o que poden atopar na exposición, as especialidades son: Artesanía do coiro, Encaixe de palillo, Moda e Confección, Ourivaría, Pintura, Escultura e talla en madeira, Debuxo, volumen e modelado, Serigrafía artística, Encadernación artística, Cerámica artística, CAIM: Zanfona, Gaita, Luthería Antiga.


LUGAR E DATAS
Espazo EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo).
Do 28 de xaneiro ao 26 de marzo de 2011
Inauguración: venres 28 de xaneiro ás 19 horas
Horario: 19:00 a 21:00
De martes a sábado.

Entre esa pequena variedade de traballos poderedes encontrar algunhas das miñas serigrafías.




jueves, 27 de enero de 2011

Paseo por territorio natural... O proxecto de Serigrafía.

    A metamorfose que experimentou  Vigo ao longo dos anos, móstranos no seu entorno unha riqueza e unha complexidade  nos seus contrastes co natural e o “artificial” da paisaxe. Tanto no mundo “real” como no simbólico, as prantas e os animais han influído na nosa percepción do entorno, o paseo é un estado non só físico senón tamén mental e nel atopamos esta serie de “realidades”. O que quero expresar coas distintas criaturas que represento ten unha certa importancia, pois os bichos, os insectos para min simbolizan todo o pequeno  do noso mundo e o feito é que sen eles, a vida humana atoparíase en perigo, e se profundamos máis no pequeno, creo que son as pequenas cousas que nos ofrece a vida o que acaba tendo máis valor a nivel persoal e transcendental.  Quizais por iso, céntrome máis na representación dos bichos por estar ligado ó pequeno e por outra parte ó perigo dalgunhas persoas que carecen da apreciación ás pequenas cousas da vida. E as prantas, as árbores, o ceo, a auga e demais como representación dese entorno que líganos á Nai Terra. En definitiva:  O paseo é un acto que nos mostra instantes, o espazo a Nai Terra, e o natural (animais, bichos, insectos, nós mesmos..) é esa representación do poder do pequeno.

A continuación mostro os bocetos seleccionados que vou facer en serigrafía:




Forman a súa vez parte de "Xogando no intre"
Máis paseo, máis parar e máis observar.... Que a vida pasa e non a sintes pasar se non che paras!!!!

martes, 25 de enero de 2011

A nena dos cabelos vermellos X

A nena sempre vai a xunto o seu amigo o paporroibo, e ten que facer equilibrios para lograr que lle preste atención... Dáse conta que sen o contacto visual o seu amigo distráese facilmente.



Hola paporroibo ¿que tal o almorzo?



lunes, 24 de enero de 2011

A nena dos cabelos vermellos IX

Nas profundidades do mar, as medusas invítana a baixar polas escaleiras, mentres ela está a pensar na superficie que facer... Onde algo inofensivo pode darche no nervio.





Nas tardes de profundidade....

jueves, 13 de enero de 2011

A nena dos cabelos vermellos VII e VIII

A nena dos cabelos vermellos é moi despistada e as veces, cando chove o seu arredor non se para a observar se chove enriba dela...






Pero as veces chora co mundo cando non logra sacarlle un sorriso...


 Boas noites.....

A nena dos cabelos vermellos VI

Paseando polo bosque para pedirlle consello os mouchos diúrnos...






Moucho, moucho ¿A onde?....

A nena dos cabelos vermellos V

Viaxando por terras perdidas en busca dos desexos fuxidos. Achegándose desta maneira á visión dos paxaros, sentindo o vento que a empuxa a un destino incerto no que se atopaba.












 Voando....


lunes, 10 de enero de 2011

Caixa para os papeis 1

E como xa comentei antes, tamén estiven reorganizando os espazos e isto implica coller unhas caixas para gardar os papeis, e hoxe dixen vou pintar unha delas por isto de desconectar aínda máis de todo. Pero tranquilos mañá xa volvo a terra...


O fotomatón da caixa :D

lunes, 3 de enero de 2011

Coellos-duendes 5111








Cos soños a outra parte.... Hoxe vai de peticións os reis magos.... Un encargo das súas maxestades dende Oriente.

domingo, 2 de enero de 2011

Cando pinto obxectos da miña habitación

As veces cando non me dou concentrado nalgunha cousa, o non me sae nada para un cadro o que fago e coller algún obxecto da miña habitación, ou outras cousas, caixas, cadernos e pinto sobre elas para poder desconectar e volver centrarme no que estaba facendo con anterioridade...

O baúl da esquina...






 Pasando o rato... Na búsqueda da concentración...