"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

miércoles, 26 de diciembre de 2012

martes, 4 de diciembre de 2012

Envío dun desexo

Así cando se achega o aninovo, novos desexos, novos soños envíanse perdidos nunha botella a quen queira compartilos... é a nena dos cabelos vermellos comparte algo seu a través do vento que chegará a alguén.











martes, 27 de noviembre de 2012

Entre bidueiros e xoaniñas

Parece que moi de cando en vez caen retratos por estes lares... E iso que facerlos como dicilo, ummm non son de mi agrado precisamente, pero encantame apropiarme deles engadindo como neste caso: bidueiros, xoaniñas, escaleiras, vestimenta...













E aquí a foto amorosa:



domingo, 25 de noviembre de 2012

Pescando auga

En días de treboada, en días na que a auga cae sen parar, a nena dos cabelos vermellos aproveita para ocupar a Papoula seca, e así adícase a pescar dende a ventá.

En días de choiva ten boa pesca, e logo ten para beber.




jueves, 1 de noviembre de 2012

Las 2 Orillas - Detrás do marco Café



¡¡Gracias a todos los que nos habéis acompañado el 19 de octubre de 2012 en la inauguración, tanto los que habéis estado en cuerpo como los que  nos habéis apoyado!!

¡¡MIL, MIL Gracias a los que siempre estáis ahí para estos eventos y no faltáis nunca, haciendo que los nervios se pasen entre la naturalidad y el calor que nos dais!!

¡¡Agradecerle a Detrás do Marco su paciencia y toda la ayuda que nos han brindado con la exposición y la inauguración!!

¡¡Y a  nuestro maestro Nelson Villalobos por hacernos la presentación el día de la inauguración, pero especialmente por acompañarnos!!

Aquí dejo una pequeña presentación de fotos de la inauguración, las obras que estarán expuestas hasta el 9 de noviembre de 2012 y... Lo bien que lo pasamos:



Y gracias a Augusto Metztli, tenemos nuestros escritos y obras en los siguientes enlaces:




Enlace del catálogo con artistas y precios:
Catálogo

¡¡Bicos e saúdos a tod@s, e xa sabédes aínda está ata o 9 de novembro de 2012, que non se diga que non avisamos!!!

:D

jueves, 18 de octubre de 2012

A outra beira

Outra viaxe que fai saíndo coas estrelas mentras a esperan no día. Moita senda, moito mar ten que cruzar para chegar... Ondas, ondas coidado co barco de papel; dirixe ben o rumbo pequena non te vaias atopar cun remolino acabando no fondo da mar... Mira que o vixiante vela por ti dende o alto do faro, onde contabas estrelas, alí onde un día decidiches botarte a mar.










miércoles, 17 de octubre de 2012

Viaxando no desexo

A nena dos cabelos vermellos sempre está a desexar viaxar, voar, coñecer... E como non, facer realidade os seus soños voando cos impulsos dos seus desexos...








martes, 16 de octubre de 2012

Perdida

A nena dos cabelos vermellos, gústalle iso de navegar... O curioso e que nesta ocasión gardou tan ben o mapa, que agora anda perdida co tesouro que escondes as distintas terras no interior da botella. E como non, que mellor que a mar para dirixila a algunha beira, pois o mar as coñece todas...





lunes, 15 de octubre de 2012

Voando con Papoula

Nesta viaxe, a nena dos cabelos vermellos vai dunha beira a outra... ¿Onde acabará? quen sabe, so Papoula coñece os ventos que vai tomar.








domingo, 14 de octubre de 2012

Óleo para "Las 2 ORillas"

Para esta exposición e feito un cadro partindo de "Las 2 ORillas", miña intención é unha cousa, e o que vós podedes ver ou atopar nela pode ser outra... O que os podo contar é do que partín, a simple idea de dúas mans, esas dúas mans de dous mundos distintos, dous beiras... Illas que somos cada un de nós que nos unimos por un simple fío como pode ser un dedo para sentirnos en contacto. Coma sempre a natureza ten que estar presente, forma parte de todos nos e nos formamos parte dela, dende o MONTE DE VENUS observamos o bosque desvanecerse no vacío, o mesmo vacío do que nacen as mans...



E aquí o pequeno proceso en 6 pasos ata chegar o final:









sábado, 13 de octubre de 2012

Exposición Colectiva: "Las 2 ORillas"

Cartel  diseñado por Olalla-Ofl con un fragmento
 del cuadro de Marthazul titulado: "Azul con sabor a menta"
Detrás do marco: é moito máis cun café, é un punto de encontro cos amantes do arte, un lugar onde gozar cunha boa charla, con actuacións, con exposicións, talleres...


Un lugar que nos abre as portas para expoñer "Las 2 orillas", unha mestura de 7 pequenos mundos que acamparemos nas súas paredes desde o 19 de outubro ata o 9 de novembro de 2012. 

Estades tod@s invitad@s a inauguración que terá lugar este venres 19 de outubro as 21:00 horas.

O horario do café "Detrás do marco" e de 9:00 a 23:00 de luns a sábado, e está situado na R. Londres, s/n, 36202, Vigo.


LOCALIZACIÓN:

E agora os nomes dos que participaremos nesta exposición:

Marthazul
Augusto Metztli
Gonzalo
Esther F. Zapatero
Alicia Pérez
Yellice
Olalla-Ofl


Con os mellores desexos esperamos que gocen desta exposición, agradecendo a vosa presenza e o paseo polas orillas...

jueves, 13 de septiembre de 2012

Parabéns a creatividade na Tazalunarbooks!!

Tazalunarbooks cumpre un ano dende o seu nacemento. 
É un pequeno proxecto editorial cheo de creatividade, onde pequenos aromas de papel forman as historias a través de obxectos, bolsas, postais, chapas... Creatividade portátil o alcance de tod@s, ideas e orixinalidade que van crecendo en Vilagarcía cun ollo optimista do mundo...

Este Sábado 15 de Setembro de 2012 as 20:00 horas, na C/ Edelmiro Trillo 19, 1ºC en Vilagarcía de Arousa tendrán a celebración do primer aniversario, onde presentarán os últimos 4 proxectos:

Aqui deixo un pequeno mapa da zoa:



Estades todos invitados:
¡Un año de Taza lunar books!

Nesta cita, a que estades tod@s invitad@s, presentarán os últimos 4 proxectos, ademais de expor traballos dos participantes:

"La bolsa del mercado #0", coa temática de flores. Nela participan: José Luiz Oubiña, Anxo Pastor, M José Rodríguez, Justo Ilhuicamina e Augusto Metztli.





"La bolsa del mercado #1", co tema froitas. Nela participan: Yellice Rodríguez Ces, Alicia Pérez, Inma Doval, Ariane Goes, Marthazul e Olalla-Ofl.





¡Hayalebonchi! Unha recopilación de ocorrencias para intervir. Os autores son: Dani (8 años), Sofía (10 años), Virtudes. Ilustracións de Augusto Metztli coa edición de Marthazul. Os que xa non están: Manuela (1881-1968), Faustino (1925-2007), Papamón (1924-2005) e Ángel Calvo (1926-2007). 





"La lagartija mágica", escrito por Anastasio José Mora, e ilustrado por Julia Abalde para a colección "Contarlo en 14,873 mm". 







miércoles, 12 de septiembre de 2012

Acampada na Landra

A nena dos cabelos vermellos pasou un verán no bosque. 
Encontrou un bo sitio onde acampar  nas landras... e polas mañás viña un Gaio a desexarlle bos días.




Ela espertaba con pelos de tola, e asomaba pola súa colcha de ceo, a ver que lle aportaría o novo día. O Gaio quedaba alí observando como despertaba e saia do refuxio, para acercala o río e así comezar cun bo chapuzón.

sábado, 25 de agosto de 2012

Dentro da Bolsa de mercado #2



 As tres Ilustracións que aquí presento pertencen a 2ª edicción do novo proxecto que a Tazalunarbooks ten en marcha: "La bolsa de mercado #1" co tema de: Froitas.


A Bolsa de mercado publica 3 exemplares cada 4 meses, participan 6 artistas con pezas orixinais; a idea e o deseño do proxecto é de Augusto Metzli. A continuación os deixo un enlace onde podedes encontrar a 1º edición deste Proxecto:



Agradecerlle a Tazalunar que contaran comigo para este proxecto!!
A nena dos cabelos vermellos viaxarár na Bolsa de mercado #2" a saber que novo lugar atopará nesta viaxe, onde acampará...


Aquí un pequeño adelanto en imaxes da bolsa e pistas do seu interior:




jueves, 23 de agosto de 2012

Xogando as agachadas

Xogando as agachadas
A nena dos cabelos vermello dalle tempo a xogar coa súa compañeira de sempre. Xoaniña está a ver para todos lados, exceptuando no interior da Sandía, onde a nena disimula mostrando a súa cara como unha pepita... ¿Canto tardará en darse conta Xoaniña?


Esta é a última ilustración  que formará parte do novo proxecto de Tazalunar e a "Bolsa de Mercado"
En futuras entradas explicarei máis sobre a "Bolsa de Mercado" #1 FRUTAS...