"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

martes, 31 de mayo de 2011

Este venres 3 de Xunio de 2011 - Exposición

Boas. Aquí vai o cartel da próxima exposición de SOL PONIENTE (grupo artístico do que formo parte, xunto a Yellice e Alicia). Animaros a vir a inauguración este venres 3 de Xunio ás 21.00 no "El Golem Café", Rúa Irmandiños 2, Vigo.


lunes, 30 de mayo de 2011

Bolboreta

Nunca pintara unha bolboreta... Polo menos non así, pero no descanso dos corpos para a exposición, dende ¿Godot? preguntáronme, e non podía deixar a MO sen resposta. Cada un debuxa, pinta (e moitas outras cousas) e sinte de maneira distintas, cada un percibe o mundo a súa maneira. Cando a bolboreta ponse almorzar, acórdome de como almorzaba eu cando era pequena, de como tomaba os líquidos... ¿sabedes ou non? Bueno... Enfin... Aquí vai unha Bolboreta despois destes días de corpos.



Boas noites ou bos días!


viernes, 27 de mayo de 2011

Espidos III

Antes de marchar do fogar, outro da serie "Espidos", dende o límite da costa... Entre terra e mar, ALZAOS!!!



Espido II

"Bos días" tardíos... Aquí outra visita corporal. ¿Quen quere unha mazá?



Parece que por unha mazá leva una gran carga, ¿ou non? Bah!! Serán imaxinacións miñas...

Espido I

Creo que a serie vai tomando un matiz máis simple, quizás onde se defina máis o debuxo creo que é superior a min.




Boas noites e dulces soños....

jueves, 26 de mayo de 2011

Ra vixiante

Aquí outro animal mentres estou coa exposición... Xa cambiei de serie. Como ando cos animais de un lado a outro desvieime un tanto do que tiña pensado, como sempre. Mentres aquí queda unha simpática ra.




Tanto vixiar, váiselle saír un ollo

martes, 24 de mayo de 2011

miércoles, 18 de mayo de 2011

Espidas

Para xunio temos unha exposición, e eu estou a facer unha nova serie. Pero teño as miñas dúbidas... En principio este é o camiño de "Espidas" a ver a onde me leva, non o teño nada claro:






viernes, 6 de mayo de 2011

Algunhas criaturas do subsolo

Camiñando polo bosque, se paras encontras. É como aquel que busca cogumelos e nunca os atopa e derrepente dase de conta que está rodeado des cogumelos, e non entende como non se percatara antes...

As portas ó subsolo

Zaho/ Ceri : Aliméntanse de zume de cenorias para tinguir os puntos do seu corpo e que estes se volvan luminosos.

Sebol: Vai deixando sombreiros polo mundo, por iso temos tantas variedades de plantas... Os seus dedos son un tanto velenosos.



miércoles, 4 de mayo de 2011

O paxariño constipado

Entre o momento malestar que estou a pasar (xa non sei se é alerxia, o arresfriado o un cúmulo de todo) sempre encóntrase un momento para pintar ou debuxar... Este é un paxariño un tanto triste ou iso parece, seguro que pegueille o arresfriado.