"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

sábado, 14 de abril de 2012

Mónica en "La Esquina coloreada"


Mónica saca os seus paxaros a cantar... 
Todos os que gozamos das súas pinturas a través do blog:


Poderemos gozar en vivo e directo, o próximo día 20 de Abril a partir das 20:30 da Inauguración da exposición: "Habitantes de Arzúa"  en "La Esquina Coloreada", un lugar para o debuxo e a ilustración, un recuncho cheo de cor dentro de outro lugar entrañable e cheo de maxia, na CONFITERÍA-CAFÉ "LA ESQUINA".

ESTADES TOD@S INVITAD@S!!! a esta exposición e as xornadas de OS VENRES nos imos de viños en Arzúa.

No Blog de Mónica poderedes encontrar unhas palabras de introdución para esta exposición:


Por outra parte agradecerlle a Mónica facerme partícipe no deseño do cartel, pero vamos que o mérito é da súa pintura.

Nestes outros enlaces poderedes atopar máis información do lugar, da Confitería-Café "La Esquina", dos seus exercicios de sabores, cultura e xuntanzas, onde atoparedes tamén ese recuncho cheo de cor, "La esquina coloreada":


E aquí un mapa da ubicación: http://confiterialaesquina.com/googlemaps.html

E agradecerlle a María este rincón que nos ofrece cheo de cor, tanto para creadores como espectadores!!

Un saúdo a tod@s e xa sabedes o día 20 de Abril Inauguración da exposición: "Habitantes de Arzúa" onde Mónica presentará as súas pinturas e que poderedes gozar ata o 20 de Xuño de 2012 en "La esquina coloreada" dentro da CONFITERÍA-CAFÉ "LA ESQUINA"

PROGRAMACIÓN:





VÉMONOS ALÍ!!! e para as fotos do evento en:


http://crisalida-mononoke.blogspot.com.es/2012/04/miel-y-aves.html

No hay comentarios: