Gozamos non só de boa comida senón tamén de boísima compañía, estamos moi agradecidos a todos os asistentes este día e tamén aos que veñan nos días próximos. A exposición está no Golem café(Rúa Irmandiños,2, Vigo), ao final a exposición se amplía ata o 10 de XULLO 2011.
Persoalmente teño que repetir as grazas a tod@s os que viñestes á inauguración, así dá gusto. Grazas polo apoio! Fíxome moita ilusión e espero que disfrutárais tanto da exposición como do lugar. Un saudiño a tod@s!! E o resto aínda estais a tempo para pasaros polo GOLEM tomaros algo e ver a variedade nas obras e como non a calidade ;)
Algúns dos que viñeron a inauguración e algunhas fotos das obras:
E nós, as integrantes de
SOL PONIENTE, e
speramos que gozásedes tanto dese día como das obras expostas. E o resto esperamos que disfruteis da exposición cando vaiades a vela.
Un saúdo e unha gran aperta de todas.
Ah! Case me esquezo e non mo perdoaría, de todas aquelas persoas que non están preto pero que sabemos que vendrían e compartirían todos os momentos e unha cañita con nós. Que sepades que os levo conmigo sempre...
Fin da exposición 10 de Xulio
No hay comentarios:
Publicar un comentario