A metamorfose que experimentou Vigo ao longo dos anos, móstranos no seu entorno unha riqueza e unha complexidade nos seus contrastes co natural e o “artificial” da paisaxe. Tanto no mundo “real” como no simbólico, as prantas e os animais han influído na nosa percepción do entorno, o paseo é un estado non só físico senón tamén mental e nel atopamos esta serie de “realidades”. O que quero expresar coas distintas criaturas que represento ten unha certa importancia, pois os bichos, os insectos para min simbolizan todo o pequeno do noso mundo e o feito é que sen eles, a vida humana atoparíase en perigo, e se profundamos máis no pequeno, creo que son as pequenas cousas que nos ofrece a vida o que acaba tendo máis valor a nivel persoal e transcendental. Quizais por iso, céntrome máis na representación dos bichos por estar ligado ó pequeno e por outra parte ó perigo dalgunhas persoas que carecen da apreciación ás pequenas cousas da vida. E as prantas, as árbores, o ceo, a auga e demais como representación dese entorno que líganos á Nai Terra. En definitiva: O paseo é un acto que nos mostra instantes, o espazo a Nai Terra, e o natural (animais, bichos, insectos, nós mesmos..) é esa representación do poder do pequeno.
A continuación mostro os bocetos seleccionados que vou facer en serigrafía:
Máis paseo, máis parar e máis observar.... Que a vida pasa e non a sintes pasar se non che paras!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario