Dende o pasado 28 de xaneiro e ata o 26 de Marzo, poderedes disfrutar da primeira exposición neste espazo chamada "Proxecto apertura", na que se recollen unhas 50 obras dos distintos alumnos actuales e recentes nas especialidades que se imparten na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Para os que non sepan o que poden atopar na exposición, as especialidades son: Artesanía do coiro, Encaixe de palillo, Moda e Confección, Ourivaría, Pintura, Escultura e talla en madeira, Debuxo, volumen e modelado, Serigrafía artística, Encadernación artística, Cerámica artística, CAIM: Zanfona, Gaita, Luthería Antiga.
LUGAR E DATAS
Espazo EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo).
Do 28 de xaneiro ao 26 de marzo de 2011
Inauguración: venres 28 de xaneiro ás 19 horas
Horario: 19:00 a 21:00
De martes a sábado.
Entre esa pequena variedade de traballos poderedes encontrar algunhas das miñas serigrafías.
Entre esa pequena variedade de traballos poderedes encontrar algunhas das miñas serigrafías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario