Enlaces de interés:
O concurso:
http://www.franciscomantecon.com/
A bodega:
http://www.terrasgauda.com
En Facebook:
http://facebook.com/concursomantecon
A exposición permanecerá aberta o público na Estación Marítima de Vigo dende o sábado 29 de outubro ata o 14 de decembro, de luns a venres no horario de 10 as 14 horas e de 17 as 20 horas; os sábados, domingos e festivos de 10 as 14 horas.
Un paseo xeral pola exposición:
Nesta edición do 10º concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, presentáronse máis de 2.100 carteis de 54 países de todo o mundo, pola información que recollín da rede o aumento é de máis de 500 carteis en comparación ó 2010. Ademais do aumento de participantes, este ano Terras Gauda conta no xurado cunha representación dos deseñadores nacionais con maior prestixio internacional, os cales farán a selección dos finalistas e premiados do certame da exposición, este xurado está composto por:
Javier Mariscal, Alberto Corazón,
Óscar Mariné,
Manuel Estrada,
Isidro Ferrer,
Pep Carrió,
Emilio Gil.
Ademais de Pilar Barreiro Mosquera (Filóloga e viúva de
Francisco Mantecón), Enrique Costas Rodríguez (Director Xeral de Bodegas Terras Gauda), un representante da Fundación Porto de Vigo, o secretario será Paulino Novo Folgueira (Filólogo) e
Sebastián Büsching (
Gañador da edicción 2010).
FINALISTAS 2011: http://www.facebook.com/media/set/?set=a.269329629786608.79697.100001287195206&type=1&l=09283def48
GANADORES Y FINALISTAS 2011: http://www.franciscomantecon.com/2011/esp/galeriapremiados.php
Nos próximos días na páxina de
facebook do 10º Concurso internacional de Francisco Mantecón nos mostrarán os finalistas. Parabéns adiantados os finalistas e gañadores! e... Parabéns a todas as obras expostas, persoalmente foi impresionante a cantidade de conceptos, ideas e distintas formas de plasmalo... Aínda que haxa liñas nun mesmo sentido, algunhas parecidas cada obra é única sen dúbida, aínda que de tantas pode chegar a confusión, saín emborrachada de imaxes, pero o xenial e que cada vez que se vai se descobren unhas novas. E coma cando lees un bo libro e o tempo faiche esquecelo ou o recordo fai que se mesture con outros, cando volves a lee-lo gozas case coma se fora un novo descubrimento.
A continuación deixo a miña pequena participación no concurso:
Os carteis é unha simple mestura entre cor e xesto. A cor como entorno e o xesto como o acto e a identidade de Terras Gauda.

O último bosquexo:
As cores son a representación da auga-terra-viñedos-uva-aire.
E o xesto en negro é a representación do sacacorchos na uva e a súa vez toma forma das iniciais de Terras Gaudas (desto decateime despois de traballa-lo no ordenador)
E aquí os dous carteis: