"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

miércoles, 23 de noviembre de 2011

X concurso Francisco Mantecón 2011

Enlaces de interés:
O concurso:
http://www.franciscomantecon.com/
A bodega:
http://www.terrasgauda.com
En Facebook:
http://facebook.com/concursomantecon

A exposición permanecerá aberta o público na Estación Marítima de Vigo dende o sábado 29 de outubro ata o 14 de decembro, de luns a venres no horario de 10 as 14 horas e de 17 as 20 horas; os sábados, domingos e festivos de 10 as 14 horas.
Un paseo xeral pola exposición:



Nesta edición do 10º concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, presentáronse   máis de 2.100 carteis de 54 países de todo o mundo, pola información que recollín da rede o aumento é de máis de 500 carteis en comparación ó 2010. Ademais do aumento de participantes, este ano Terras Gauda conta no xurado cunha representación dos deseñadores nacionais con maior prestixio internacional, os cales farán a selección dos finalistas e premiados do certame da exposición, este xurado está composto por:
Javier MariscalAlberto Corazón,  Óscar Mariné, Manuel Estrada, Isidro Ferrer, Pep Carrió, Emilio Gil.
Ademais de Pilar Barreiro Mosquera (Filóloga e viúva de Francisco Mantecón), Enrique Costas Rodríguez (Director Xeral de Bodegas Terras Gauda), un representante da Fundación Porto de Vigo, o secretario será Paulino Novo Folgueira (Filólogo) e Sebastián Büsching (Gañador da edicción 2010).


FINALISTAS 2011: http://www.facebook.com/media/set/?set=a.269329629786608.79697.100001287195206&type=1&l=09283def48

GANADORES Y FINALISTAS 2011: http://www.franciscomantecon.com/2011/esp/galeriapremiados.php


Nos próximos días na páxina de facebook do 10º Concurso internacional de Francisco Mantecón nos mostrarán os finalistas. Parabéns adiantados os finalistas e gañadores! e... Parabéns a todas as obras expostas, persoalmente foi impresionante a cantidade de conceptos, ideas e distintas formas de plasmalo... Aínda que haxa liñas nun mesmo sentido, algunhas parecidas cada obra é única sen dúbida, aínda que de tantas pode chegar a confusión, saín emborrachada de imaxes, pero o xenial e que cada vez que se vai se descobren unhas novas. E coma cando lees un bo libro e o tempo faiche esquecelo ou o recordo fai que se mesture con outros, cando volves a lee-lo gozas case coma se fora un novo descubrimento.

A continuación deixo a miña pequena participación no concurso:
Os carteis é unha simple mestura entre cor e xesto. A cor como entorno e o xesto como o acto e a identidade de Terras Gauda.

O último bosquexo:


As cores son a representación da auga-terra-viñedos-uva-aire. 
E o xesto en negro é a representación do sacacorchos na uva e a súa vez toma forma das iniciais de Terras Gaudas (desto decateime despois de traballa-lo no ordenador)

E aquí os dous carteis:

















4 comentarios:

Fran A.H. Alvarado dijo...

Bellísimas ilustraciones Olalla.
Un saludo

Olalla Fl dijo...

Muchas gracias Fran. Gracias por tu visita :D. Y tus trabajos son impresionantes, las esculturas tanto el final como el previo, me parecen bellísimas, no se si te hiciera algún comentario en tu blog. Y poder ver tanto los bocetos previos como el estudio y su proceso es algo que personalmente me encanta y solo se suelen descubrir en los blogs pues en las exposiciones no suelen hacerlo.
Un saludiño :D

H A R R Y G O A Z dijo...

WONDERFUL images !

Olalla Fl dijo...

La calidad de mis fotos deja mucho que desear. Ahora la exposición está genial, es impresionante la cantidad de variedad que hay. Hay muy buenas imágenes, la gente se lo ha trabajado y se nota.
Un saludo.