Hoxe estou pouco inspirada pero xa que apañei as fotos terei que ir poñéndoas. A continuación poderedes ver o primeiro artista de tradición barroca co que practiquei o claro-oscuro. Sempre e produtivo traballar cos grandes mestres do pasado, reinterpretar ou practicar para aprender cousas novas, mellorar o que se sabe e ser máis conscientes dos erros e vicios que temos cada un. Son moitos os grandes de onte para poder adquirir certa técnica, credibilidade e seguridade no que se vai creando. A continuación poño unhas imaxes dos bosquexos que fixera na copia de José de Ribera, quedara fascinada coa muller barbuda (aparte doutras obras).
E non teño moito máis que engadir. Xa sabedes hai que pasar por todas as épocas para poder acercarse cada vez máis o propio creador que levamos dentro.
Abur.
No hay comentarios:
Publicar un comentario