Ergueuse de madrugada enredada entre lá vermella. Dende a ventá o baleiro quedáballe a unha altura relativamente maior a súa figura, pero menor ca súa cordura. Contempla o amencer tódolos días dende o mesmo sitio, e espera co tempo pase sen perderse. Así chega a noite, unhas veces con lúa, outras sen ela... Pero, a lá cúbreo todo pouco a pouco, canto mais tempo pasa observando, mais esténdense os seus soños, máis encérranse e máis escápanse. Pero ela mantense inmóbil, sentada na ventá como nena que se senta nunha randeeira. Pasa o tempo no silencio, transformando as súas palabras en refachos de vento alimentando os asubíos das casas. O faiado tinguido de vermello, xa non é un espazo baleiro, xa non é onde van as cousas vellas... Agora é outra realidade; unha alfombra que o cubre todo tinguíndoo de vida, as portas do bosque están abertas e ela empeza a expandirse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario