CONVITE
Á INAUGURACIÓN DO II ENCONTROS 8 DE MARZO: MULLER, ARTE E
CREATIVIDADE.
O Colectivo Violeta
estaría encantado de ter a túa presenza na inauguración das
Exposicións que realizaráns dentro do II Encontro 8 de marzo: Muller,
Arte e Creatividade.
Será o día 7 de marzo
ás 20.00 horas, no Museo Municipal de Ourense.
No primeiro andar
gozarás cunha exposición de caricaturistas e de ilustradoras, moi
innovadora en Ourense; no segundo andar as participantes escolleron
diferentes formatos dentro das artes plásticas para ofrecer a súa
creatividade: pintura, escultura, tapiz, videocreación, fotografía,
etc.
“Encontros
8 de Marzo”
Do
7 ao 8 de abril – Museo Municipal
"Muller, arte e creatividade"
Pintura.
Fotografía.
Ilustración.
Caricatura. Tapiz. Vídeo.
AsúnAda -Belen Andrade - Socorro Balvís-Castiñeiras Ana-Olalla
Castro-colectivo METT03.04 formado : Andrea Valado, Silvia Ojea e
Bibiana Lorenzo-Eva Domínguez-Aida Estrela-Flora Fernández-Natalia
Figueiras-Natalia G. Devesa-Ana Iglesias- J. Jiménez-Charo
López-Idoia Luxan-Elena Malleira–Merçé-Elena Nieto-Olalla
FL-Concha Outeiriño-Celia Parra-Pirusca-Luchi Polo-Raquel Rei-Esther
Rodríguez Balboa-Iolanda Rodríguez-Raquel Rodríguez-Alba
Rubín-Tareixa Taboada-María Vilar-Rosa Villar.
“Promocionar
todas aquelas actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a
creatividade artística das mulleres”.
Este
é un dos obxectivos do Colectivo Violeta. As mulleres somos máis da
metade do mundo e a penas temos espazos no eido da cultura visual.
Neste
segundo Encontro queremos propoñervos que miredes estas creacións
como unha forma de resistencia ás formas de facer, de ver, de
reflectir na cultura dominante.
A
cultura son os símbolos dunha sociedade, é a xanela dos valores que
queremos transmitir.
E
se eu digo “seres humanos” e “persoas” polo xenérico e non
“homes” estou reivindicando uns valores determinados, unha
sociedade que nos respecte na diferencia e nos iguale nas
oportunidades.
As
Violetas, neste mes de marzo, queremos ser un chisco provocadoras e
espetarlle ao mundo a nosa visión: con colores, con sabores, con
olladas, con linguaxes, con tacto, con ruído... ou o que é o mesmo,
con pinturas, con esculturas, con videocreacións, con ilustracións,
con fotografías, con montaxes e creacións artísticas en diversos
formatos.
Entrades
na exposición porque é creación ou porque son mulleres todas as
artistas que expoñen?
E
se fosen mulleres as que pintaban nas covas da prehistoria?.
Velaí
tendes dúas exposicións, unha é unha morea de pintoras,
esculturas, vídeos, collages, fotografías; a outra son caricaturas
de mulleres, e ilustradoras, todas amosando un mundo máxico e
persoal. Tamén as letras teñen un espazo, son as que colgan na
escuridade dunha parede deste Museo Municipal.
Grazas
ás 33 mulleres artistas, verdadeiras protagonistas do mes de marzo.
Ourense,
Marzo de 2012
Actividades
Inauguración
da exposición: “Muller, arte e creatividade” o día 7 ás 20.00
horas.
Contaremos
coa actuación da gaiteira Tania.
Sábado,
11
Proxección
do documental: "TAMBIEN SOMOS MUJERES “As mulleres con
discapacidade intelectual somos, estamos, contamos”. Documental que
narra cinco historias, cinco miradas distintas de cinco mulleres, ata
agora invisibles.
Proxección
do documental: "A LAS PUERTAS DE PARIS" A finais dos anos
60 máis de 600.000 españois vivían en Francia, Constituían a
comunidade de emigrantes máis importante do pais.- A metade eran
mulleres chegadas de diferentes puntos de España.- Moitas delas
traballaron como porteiras.- Este documental fala de súa experiencia
como inmigrantes, mulleres e traballadoras.
Organiza
Colectivo Anacos da Cidade. Ás 18.00 horas .
Proxección
do Audivisual: De Iolanda Rodríguez
Proxección
dos audiovisuais: “Noite de Ronda I”, “Noite de Ronda II” e
“Noite de Ronda III”. As mulleres fotografas saen de ronda a
fotografar a outras mulleres.
Ás
19.45horas, no Museo Municipal de Ourense.
Sábado,
17
O
grupo “As Candongas do Quirombo” preséntannos as proxeccións
videopoemas, (todas as mulleres que fun, agora ti, Coda, Helena a
escuras...), os Microdocus nos que están a traballar ultimamente. È
un colectivo poético audiovisual formado orixinalmente pola poeta
Andrea Nunes Brións e a comunicadora audiovisual Raquel Rei Branco.
Ás
19.00 horas, no Museo Municipal de Ourense.
Sábado,
24
Representación
teatral: “Almas do triángulo”. Escrito e dirixido por Bea
Carracedo. Interpretado por, Carmen Corrales, Alba Caneja, Raquel
Doval, Belén Padrón e Trinidad Domínguez. Colaboran , Raquel
Doval, Trini Domínguez, Berta Rodríguez, Alba Rubín, e a Bufarda
de Ourense.
Representación
a cargo do grupo obradoiro de Esther Movilla,
Ás
19.00horas, no Museo Municipal de Ourense.
Aqui deixo algunhas fotos facilitadas polo Colectivo Artístico METT 03.04 : http://www.mett0304colectivo.com.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario