A Exposición "Olladas Cotiás" é unha mestura das nosas distintas visións do mundo máis próximo.
SOL PONIENTE: http://solponiente3m.blogspot.com
Alicia
A pintura representa para ela un produto de fantasía, algo real como a vida, vista dehnde ese ollo observador expectante a súa contorna. O pincel é a ferramenta que mostra a man que crea, a golpe de pincelada e de sensibilidade, enfrontándose ao lenzo en branco e buscando o momento en que a súa persoa teña algo que dicir....
Conta o que ve e como o ve, mostrando en moitas das súas obras os seus soños sen esquecer o seu mundo máis próximo, dunha forma ás veces pouco real, entre o conto, a ironía ou a comicidade.
Utiliza a forza da cor, xa que a cor é a súa arma máis forte, así como a forza das súas historias e da pincelada. A través de formas que non están puídas, como unha actitude, forza bruta, expresión sen complexos, calidez nas tonalidades e espontaneidade. Formas sen aditivos que falan por si mesmas ó ollo sen prexuízos.
Técnicas mixtas: lapis, pinturas á auga, acrílico e óleo, trasladando algunhas das súas pinturas ao campo da serigrafía artística.
Yellice
Formouse academicamente e artisticamente en Caracas e en Galicia, mostra un nexo de unión a través da maxia da luz e as cores que tanto lle influenciaron.
Plasma todo aquilo que observa inconsciente no seu entorno: construcións, natureza, sensacións…
Todo iso dá lugar a un mundo imaxinario, surrealista e abstracto.
Blog: http://yellice303.blogspot.com/
Olalla
O debuxo é o seu modo de expresión máis directo. Non tenta máis que mostrar eses pequenos detalles que ás veces nos podemos perder, aquilo que lle fai sentirse viva ou lle interesa. Xoga entre o pasado e o presente, o natural do ser humano tanto coa súa contorna como consigo mesmo. Presenta historias, momentos e instantes pero sempre desde unha perspectiva optimista do mundo no que nos tocou vivir, pois cre que a vida xa nos mostra as súas propias dificultades. A súa compañeira de viaxe é o lapis e a súa visión ilustrativa do mundo fai-se notar nos medios de expresión que utiliza.
Blog: http://vacalouraofl.blogspot.com/
A exposición pódese visitar na dirección seguinte: Avenida da Habana, 12, baixo, na galería Sargadelos de Ourense con horario de:
Luns a venres de 10:00 a 13:30 e 16:30 a 20:00 h
Sábados de 10:00 a 13:30 h
Estará dende o 30 de Xullo ao 27 de Agosto de 2011
A Galería e preciosa, cun espazo moi interesante e de teitos altos. Ademáis sereis moi ben recibidos e atendidos, e xa de paso coñeceredes un pouco máis Ourense ou por primeira vez, nunca e tarde para visitar as terras cercanas. Se vos pasades pola exposición espero que disfrutedes do que encontreis, ademáis é moi variado, tanto Alicia, Yellice coma eu temos un estilo e una forma de pensar e de percibir o mundo moi distinto...
Un saudiño.
Imaxes da exposición:
Serie espidos: http://vacalouraofl.blogspot.com/search/label/Serie%20espidos
Serie Senda da Avoa: http://vacalouraofl.blogspot.com/search/label/Serie%20A%20senda%20da%20avoa
No hay comentarios:
Publicar un comentario