"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

jueves, 13 de septiembre de 2012

Parabéns a creatividade na Tazalunarbooks!!

Tazalunarbooks cumpre un ano dende o seu nacemento. 
É un pequeno proxecto editorial cheo de creatividade, onde pequenos aromas de papel forman as historias a través de obxectos, bolsas, postais, chapas... Creatividade portátil o alcance de tod@s, ideas e orixinalidade que van crecendo en Vilagarcía cun ollo optimista do mundo...

Este Sábado 15 de Setembro de 2012 as 20:00 horas, na C/ Edelmiro Trillo 19, 1ºC en Vilagarcía de Arousa tendrán a celebración do primer aniversario, onde presentarán os últimos 4 proxectos:

Aqui deixo un pequeno mapa da zoa:



Estades todos invitados:
¡Un año de Taza lunar books!

Nesta cita, a que estades tod@s invitad@s, presentarán os últimos 4 proxectos, ademais de expor traballos dos participantes:

"La bolsa del mercado #0", coa temática de flores. Nela participan: José Luiz Oubiña, Anxo Pastor, M José Rodríguez, Justo Ilhuicamina e Augusto Metztli.





"La bolsa del mercado #1", co tema froitas. Nela participan: Yellice Rodríguez Ces, Alicia Pérez, Inma Doval, Ariane Goes, Marthazul e Olalla-Ofl.





¡Hayalebonchi! Unha recopilación de ocorrencias para intervir. Os autores son: Dani (8 años), Sofía (10 años), Virtudes. Ilustracións de Augusto Metztli coa edición de Marthazul. Os que xa non están: Manuela (1881-1968), Faustino (1925-2007), Papamón (1924-2005) e Ángel Calvo (1926-2007). 





"La lagartija mágica", escrito por Anastasio José Mora, e ilustrado por Julia Abalde para a colección "Contarlo en 14,873 mm". 







miércoles, 12 de septiembre de 2012

Acampada na Landra

A nena dos cabelos vermellos pasou un verán no bosque. 
Encontrou un bo sitio onde acampar  nas landras... e polas mañás viña un Gaio a desexarlle bos días.




Ela espertaba con pelos de tola, e asomaba pola súa colcha de ceo, a ver que lle aportaría o novo día. O Gaio quedaba alí observando como despertaba e saia do refuxio, para acercala o río e así comezar cun bo chapuzón.

sábado, 25 de agosto de 2012

Dentro da Bolsa de mercado #2



 As tres Ilustracións que aquí presento pertencen a 2ª edicción do novo proxecto que a Tazalunarbooks ten en marcha: "La bolsa de mercado #1" co tema de: Froitas.


A Bolsa de mercado publica 3 exemplares cada 4 meses, participan 6 artistas con pezas orixinais; a idea e o deseño do proxecto é de Augusto Metzli. A continuación os deixo un enlace onde podedes encontrar a 1º edición deste Proxecto:



Agradecerlle a Tazalunar que contaran comigo para este proxecto!!
A nena dos cabelos vermellos viaxarár na Bolsa de mercado #2" a saber que novo lugar atopará nesta viaxe, onde acampará...


Aquí un pequeño adelanto en imaxes da bolsa e pistas do seu interior:




jueves, 23 de agosto de 2012

Xogando as agachadas

Xogando as agachadas
A nena dos cabelos vermello dalle tempo a xogar coa súa compañeira de sempre. Xoaniña está a ver para todos lados, exceptuando no interior da Sandía, onde a nena disimula mostrando a súa cara como unha pepita... ¿Canto tardará en darse conta Xoaniña?


Esta é a última ilustración  que formará parte do novo proxecto de Tazalunar e a "Bolsa de Mercado"
En futuras entradas explicarei máis sobre a "Bolsa de Mercado" #1 FRUTAS...


miércoles, 22 de agosto de 2012

Sementando mazás

Sementando mazás
Nalgunha das súas paradas aproveita para sementar distintas árbores do entorno e crear así máis biodiversidade alí por onde pasa e se da a mazá.


Esta ilustración e outra que  formará parte do novo proxecto de Tazalunar e a "Bolsa de Mercado"
En futuras entradas explicarei máis...


martes, 21 de agosto de 2012

Na procura de Cereixas

Na procura de Cereixas
A nena dos cabelos Vermellos anda neste mes de Agosto viaxando por distintos lugares do seu mundo... Comeza a súa viaxe en Globo adicándose a buscar unhas boas compañeiras de viaxe.

Esta ilustración forma parte do novo proxecto de Tazalunar e a "Bolsa de Mercado"
En futuras entradas explicarei máis...


miércoles, 11 de julio de 2012

Namorados


Unha parella de namorados, de distintos lugares, un pequeno encargo... Non vou dicir nada, que cada un saque as súas conclusións. So sei que nos diferentes momentos da miña vida que é estado namorada, e sido tanto observadora como a observada... E durmido tan plácidamente coma e observado maravillada a quen tiña o meu lado... 

E agora algunhas partes do proceso:










































.....

domingo, 17 de junio de 2012

Unha carta para Binibeca club

Bueno estos días tocoume máis andar co ordenador que coa pintura... Un diseño que acabou como carta en Eden Binibeca club.

O exterior da carta de bebidas.
A imaxe interior da carta das bebidas.
























Se alguén viaxa ata Menorca ou vive por alí, e tómase algo... Sabedes que carta de bebidas podedes atopar.

Estes foron os dous primeiros deseños sen saber moi ben que é o que querían.
Despois dúas palabras: azul e gañas de beber... De ahí que o definitivo, despois de unha variedade de probas e montaxes fora o anterior.















viernes, 15 de junio de 2012

Villalobos na Casa das Artes e no café Detrás do Marco

Esta entrada vai dirixida a unha persoa que coñecín fai uns anos, unha persoa que ten forza e creatividade, inxenio e ilusión, traxectoria artística e persoal. Unha persoa coa que tiven a grandísima sorte de cruzarme na miña vida e que logrou motivarme como maestro, do que sigo aprendendo como persoa e artista sempre que o tempo e o lugar coincidan... Como sabedes non teño facilidade de palabra polo tanto xa calo.

A continuación os animo a visitar a súas exposicións en Vigo, recomendada 100%:

Nelson Villalobos 
Este xoves 14 de Xunio de 2012 gozamos de dos inauguracións en Vigo do artista, maestro e amigo Nelson Villalobos

Na Casa das Artes (Calle Policarpo Sanz, 15.36201) están expostas as obras sobre papel e diferentes instalacións, e no café Detrás do Marco (Calle Londres s/n) unha serie de collages.

Aquí os deixo o poema de Daisy Villalobos que di así:

A mi padre

Un extremo con intención concéntrica
y dentro del arte el mismo impulso boca arriba.
Un espejo con la respiración anticipada
en un cuarto asmático de luces intermitentes.

Las mitades del fuego.
Una distancia lanzada desde el ojo
a los espacios de la memoria.

El vacío inexpicable.
Las presencias una tras sobre el rosteo,
               los heterónimos expandidos en el cuadro.

Una forma. Un trozo de eternidad.
Eco presente.
Inicio y final de sí mismo
                 en la fragmentación de su propia identidad.

La metamorfosis,
La ficción,
Lo animal,
ruptura circular.
Todo final en Villalobos es el inicio en Villalobos.

Daisy Villalobos Leal
Poeta
Vigo, 2012


E aquí un breve resume dos encontros dese día:





Un saudiño e xa sabedes, non os perdades esta oportunidade!!


viernes, 8 de junio de 2012

Un novo blog e unha actividade

Estas dúas semanas pouco e pintado, estiven facendo unhas prácticas do curso online que realicei a través de Femxa, fora de que nun principio creía que as prácticas terían relación con ir a algún colexio, pode decir como resultado final que é quedado leda e aporto aquí os dous enlaces que e desarrollado entre as distintas actividades prácticas:

Este primer enlace é unha Webquest, que presentan distintas activisdades para rapaces de 2º de Bacharelato a parte do cuestionario que corresponde a WebQuest.  Se agradecen todo tipo de críticas  tanto positivas como negativas parae favorecer a mellora deste tipo de actividades, as aportacións positivas se valoran no sentido de saber se funciona e as negativas para poder melloralo.
Con respecto o seu uso, quen quera aproveitalo como recurso, sen problema!!





Esta segunda actividad das prácticas baseina tamén para rapaces de 2º de Bacharelato e aquelas persoas que lles poida interesar, aínda teño que realizar cambios no diseño pois non me convencen. Con respecto a este blog comentar que a súa intención non é tanto de dar datos directos senon que establecer búsquedas e aprendizaxe a través de distintos enlaces da web e de páxinas de interés, o tema e a historia da arte, e vou pouco a pouco. O wordpress non é algo co que teña moito contacto asi que perdoade os fallos e demáis irei correxíndoos co tempo, e nada neste imaxino que intentarei publicar polo menos 1 vez a semana. Todas as aportacións de documentación e páxinas que querades suxerir nos comentarios se agradecen para ir mellorando o blog.



Un saudiño a tod@s


martes, 22 de mayo de 2012

Xogando as agachadas coa estreliña do norte

A nena dos cabelos vermellos gústalle subir coa familia das Pinaceae, e dende esas alturas chama a súa amiga "Estreliña do norte" (regulus regulus). É a súa amiga máis pequena en cuestión de aves por estos lares. Sempre xogan as agachadas nas árbores.


"Estreliña do norte" (regulus, regulus)

A nena dos cabelos vermellos agachada

"Xogando as agachadas coa Estreliña do norte"

martes, 15 de mayo de 2012

Regando en primavera

Como non a nena dos cabelos vermellos tamén ten que regar en primavera os gamusinos, nesta época axúdalle o coello e aproveita o tempo loco para a auga...






miércoles, 9 de mayo de 2012

O alfabeto toma un nome

Aquí déixovos unha pequena ilustración dun nome que naceu a partir do alfabeto que fixera...
Novas letras que bailan ó son de PAULA.



....


A

U

L

A





A nena en postales para beber café



As postales da imaxe que presento son dos participantes das exposicións da Esquina Coloreada na Confitería-Café La Esquina a través da editorial alternativa "Taza Lunar books" de (Augusto Metztli). 



Agradecervos facerme partícipe desta iniciativa e moita sorte con tódolos proxectos!!!

Tamén os podedes encontrar en Facebook a través dos seguintes enlaces:


Un saudiño

Eu e A nena dos cabelos vermellos estamos encantadas de formar parte destas postais, ademais de ter gañas de volver a Confitería-Café La Esquina a tomar eses doces, chocolates, cafés e como non volver as festas dos Venres  Ímonos de Viños a Arzúa ( na Confitería-Café La Esquina).

Ademáis para gozar da posesión destas postais hai que ir a Confitería!! Así que xa sabedes!! Camiño a Arzúa!! Uns pequenos tesouros os esperan acompañados da riqueza do lugar e dos chocolates, cafés, pasteis, etc...


jueves, 19 de abril de 2012

Os Maios na EMAO e na E-trad

Un grupo de alumnos da E-TRAD xunto con outro da EMAO, puxéronse dacordo para facer unhas decoracións para as portas principais das diferentes escolas co fin da festividade dos Maios.

¡¡Unha xuntanza entre as artes visuais e as sonoras!! Esperamos que esto sexa o principio de máis colaboracións xuntos. Onde ambas escolas podan compartir coñecementos e actos entre tod@s. Onde vellos e novos alumnos vaian creando historia.

A actividade levarase a cabo os días 17, 19 e 20 de Abril no patio polo que se unen ambas (entre Serigrafía artística e Luthería de Zanfona e Gaita) Se chove estaremos nos descansillos da E-TRAD ou no aula que nos deixen.

O evento consta de cubrir unha estructura que cubrirá as portas con motivos dos Maios, cunha primaveira chea de cor e con temática libre ¡¡¡Libertade creativa!!! Con técnica de Collage e Pintura.

ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!




E aquí o proceso das portas coa aportación de tod@s:





sábado, 14 de abril de 2012

Mónica en "La Esquina coloreada"


Mónica saca os seus paxaros a cantar... 
Todos os que gozamos das súas pinturas a través do blog:


Poderemos gozar en vivo e directo, o próximo día 20 de Abril a partir das 20:30 da Inauguración da exposición: "Habitantes de Arzúa"  en "La Esquina Coloreada", un lugar para o debuxo e a ilustración, un recuncho cheo de cor dentro de outro lugar entrañable e cheo de maxia, na CONFITERÍA-CAFÉ "LA ESQUINA".

ESTADES TOD@S INVITAD@S!!! a esta exposición e as xornadas de OS VENRES nos imos de viños en Arzúa.

No Blog de Mónica poderedes encontrar unhas palabras de introdución para esta exposición:


Por outra parte agradecerlle a Mónica facerme partícipe no deseño do cartel, pero vamos que o mérito é da súa pintura.

Nestes outros enlaces poderedes atopar máis información do lugar, da Confitería-Café "La Esquina", dos seus exercicios de sabores, cultura e xuntanzas, onde atoparedes tamén ese recuncho cheo de cor, "La esquina coloreada":


E aquí un mapa da ubicación: http://confiterialaesquina.com/googlemaps.html

E agradecerlle a María este rincón que nos ofrece cheo de cor, tanto para creadores como espectadores!!

Un saúdo a tod@s e xa sabedes o día 20 de Abril Inauguración da exposición: "Habitantes de Arzúa" onde Mónica presentará as súas pinturas e que poderedes gozar ata o 20 de Xuño de 2012 en "La esquina coloreada" dentro da CONFITERÍA-CAFÉ "LA ESQUINA"

PROGRAMACIÓN:





VÉMONOS ALÍ!!! e para as fotos do evento en:


http://crisalida-mononoke.blogspot.com.es/2012/04/miel-y-aves.html