"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"
viernes, 25 de febrero de 2011
Barrios IV. Punto da Salamandra
E seguindo coa serie de Barrios, estes veñen a ser Valadares, Beade, Bembrive e Zamáns xunto coa Salamandra. Como xa dixen antes vai tomando pouco a pouco máis importancia o animal e nesta parece que a mancha, a pincelada solta e a cor empezan a xurdir efecto...
jueves, 17 de febrero de 2011
No descanso da salamandra
martes, 8 de febrero de 2011
A nena dos cabelos vermellos XIV
Está namorada da vida e dos elementos que hai nela...
Esta claro que gústalle compartir momentos e non ten medo a axuda que lle brindan os demáis...
viernes, 4 de febrero de 2011
Barrios V. Punto da Garza.
O número 5 da serie de Barrios. Este territorio correspondería a Saiáns, San miguel de Oia, Coruxo e as cíes, non destaco moitas construcións ni cousas, a verdade e que canto máis me plantexo esta serie máis doume conta da importancia do animal.
Voa pequena voa...
Este cadro quedou na Galería Sargadelos de Ourense.
jueves, 3 de febrero de 2011
A nena dos cabelos vermellos XIII
Tódalas mañás dálle de beber as pedras... Pois sabe que as veces as cousas non son o que parecen ser.
Boas noites.
martes, 1 de febrero de 2011
A nena dos cabelos vermellos XII
Sae de paseo coa súa casa sempre que ten que secar a roupa, e aproveita para encontrar un novo lugar onde aloxarse por un tempo...
Bos días.
lunes, 31 de enero de 2011
Espazo EMAO
Nace en Vigo un novo espazo onde disfrutar da calidade artesanal e artística, asi que, se tedes proxectos en mente, xa sabedes!! aproveitade para leva-los e darlle movemento a esta nova sala que se abre o público.
Dende o pasado 28 de xaneiro e ata o 26 de Marzo, poderedes disfrutar da primeira exposición neste espazo chamada "Proxecto apertura", na que se recollen unhas 50 obras dos distintos alumnos actuales e recentes nas especialidades que se imparten na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Para os que non sepan o que poden atopar na exposición, as especialidades son: Artesanía do coiro, Encaixe de palillo, Moda e Confección, Ourivaría, Pintura, Escultura e talla en madeira, Debuxo, volumen e modelado, Serigrafía artística, Encadernación artística, Cerámica artística, CAIM: Zanfona, Gaita, Luthería Antiga.
Dende o pasado 28 de xaneiro e ata o 26 de Marzo, poderedes disfrutar da primeira exposición neste espazo chamada "Proxecto apertura", na que se recollen unhas 50 obras dos distintos alumnos actuales e recentes nas especialidades que se imparten na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Para os que non sepan o que poden atopar na exposición, as especialidades son: Artesanía do coiro, Encaixe de palillo, Moda e Confección, Ourivaría, Pintura, Escultura e talla en madeira, Debuxo, volumen e modelado, Serigrafía artística, Encadernación artística, Cerámica artística, CAIM: Zanfona, Gaita, Luthería Antiga.
LUGAR E DATAS
Espazo EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo).
Do 28 de xaneiro ao 26 de marzo de 2011
Inauguración: venres 28 de xaneiro ás 19 horas
Horario: 19:00 a 21:00
De martes a sábado.
Entre esa pequena variedade de traballos poderedes encontrar algunhas das miñas serigrafías.
Entre esa pequena variedade de traballos poderedes encontrar algunhas das miñas serigrafías.
jueves, 27 de enero de 2011
Paseo por territorio natural... O proxecto de Serigrafía.
A metamorfose que experimentou Vigo ao longo dos anos, móstranos no seu entorno unha riqueza e unha complexidade nos seus contrastes co natural e o “artificial” da paisaxe. Tanto no mundo “real” como no simbólico, as prantas e os animais han influído na nosa percepción do entorno, o paseo é un estado non só físico senón tamén mental e nel atopamos esta serie de “realidades”. O que quero expresar coas distintas criaturas que represento ten unha certa importancia, pois os bichos, os insectos para min simbolizan todo o pequeno do noso mundo e o feito é que sen eles, a vida humana atoparíase en perigo, e se profundamos máis no pequeno, creo que son as pequenas cousas que nos ofrece a vida o que acaba tendo máis valor a nivel persoal e transcendental. Quizais por iso, céntrome máis na representación dos bichos por estar ligado ó pequeno e por outra parte ó perigo dalgunhas persoas que carecen da apreciación ás pequenas cousas da vida. E as prantas, as árbores, o ceo, a auga e demais como representación dese entorno que líganos á Nai Terra. En definitiva: O paseo é un acto que nos mostra instantes, o espazo a Nai Terra, e o natural (animais, bichos, insectos, nós mesmos..) é esa representación do poder do pequeno.
A continuación mostro os bocetos seleccionados que vou facer en serigrafía:
Máis paseo, máis parar e máis observar.... Que a vida pasa e non a sintes pasar se non che paras!!!!
martes, 25 de enero de 2011
A nena dos cabelos vermellos X
A nena sempre vai a xunto o seu amigo o paporroibo, e ten que facer equilibrios para lograr que lle preste atención... Dáse conta que sen o contacto visual o seu amigo distráese facilmente.
Hola paporroibo ¿que tal o almorzo?
lunes, 24 de enero de 2011
A nena dos cabelos vermellos IX
jueves, 13 de enero de 2011
A nena dos cabelos vermellos VII e VIII
A nena dos cabelos vermellos V
Viaxando por terras perdidas en busca dos desexos fuxidos. Achegándose desta maneira á visión dos paxaros, sentindo o vento que a empuxa a un destino incerto no que se atopaba.
Voando....
lunes, 10 de enero de 2011
Caixa para os papeis 1
E como xa comentei antes, tamén estiven reorganizando os espazos e isto implica coller unhas caixas para gardar os papeis, e hoxe dixen vou pintar unha delas por isto de desconectar aínda máis de todo. Pero tranquilos mañá xa volvo a terra...
O fotomatón da caixa :D
martes, 4 de enero de 2011
lunes, 3 de enero de 2011
Coellos-duendes 5111
domingo, 2 de enero de 2011
Cando pinto obxectos da miña habitación
As veces cando non me dou concentrado nalgunha cousa, o non me sae nada para un cadro o que fago e coller algún obxecto da miña habitación, ou outras cousas, caixas, cadernos e pinto sobre elas para poder desconectar e volver centrarme no que estaba facendo con anterioridade...
O baúl da esquina...
Pasando o rato... Na búsqueda da concentración...
O baúl da esquina...
Pasando o rato... Na búsqueda da concentración...
jueves, 23 de diciembre de 2010
Felices Festas
A nena dos cabelos vermellos, maruca e os seus monstros e eu desexamos que cada persona poda cumprir os seus soños, por iso mandamos o ceo cada un dos soños das persoas do mundo, pa que nalgures alguén poda escoitalos e axudarlles a leva-los a cabo. Que aínda que a ilusión non nos da de comer, sempre axuda a vivir.
Felices festas a tod@s.... E que os vosos desexos se cumpran tanto agora como despois. Non perdades nunca a ilusión neste proxecto que é a vida.
martes, 21 de diciembre de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





























