"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

domingo, 25 de marzo de 2012

Exposición "Territorios Individuales"


Esther F. e o grupo de artistas plásticas Sol Poniente, invita a todos aqueles que nos queiran acompañar a inauguración da nosa próxima exposición: "Territorios individuales" na sala de exposicións do BBVA, situada na AV. García Barbón, nº2 na 2º Planta en Vigo.

O día da inauguración é o 30 de Marzo de 2012 de 18:00 ás 20:30. 
E tódolos aqueles que non poidan asistir ese día poderán visitar a exposición de Luns a Venres de 17:00 as 21:00, dende o 30 de Marzo ó 27 de Abril de 2012.

Aviso importante: CERRADO DURANTE SEMANA SANTA




miércoles, 21 de marzo de 2012

Tapices en seda

Nesta ocasión a nena dos cabelos vermellos reuníuse cóa súa amiga Bombyx. Ela explicoulle o proceso para facer tapices nos diferentes materiais, pero empezou polo que ela mellor coñece, a seda...




viernes, 16 de marzo de 2012

Alfareiras

E para a próxima exposición, estou facendo novas ilustracións da nena dos cabelos vermellos...
Neste intre a nena está aprendendo os seus primeiros pasos co barro grazas a súa amiga Avispa Alfarera:











martes, 13 de marzo de 2012

ABeCeDario para nenos

O ABeCeDario






 É un pequeno encargo para un compañeiro que ten pensado usalas.
Asi que a repetición das imaxes ten que ser  fácil.


lunes, 5 de marzo de 2012

Exposición organizada polo Colectivo Violeta en Ourense.

Acércase o día da muller traballadora... A continuación a información das actividades que se celebrarán en Ourense nesta semana e próximas, organizado polo Colectivo Sociocultural Violeta, coa colaboración do Museo Municipal de Ourense e o Concello de Ourense (Concellaría de Cultura).



CONVITE Á INAUGURACIÓN DO II ENCONTROS 8 DE MARZO: MULLER, ARTE E CREATIVIDADE.


O Colectivo Violeta estaría encantado de ter a túa presenza na inauguración das Exposicións que realizaráns dentro do II Encontro 8 de marzo: Muller, Arte e Creatividade.
Será o día 7 de marzo ás 20.00 horas, no Museo Municipal de Ourense.
No primeiro andar gozarás cunha exposición de caricaturistas e de ilustradoras, moi innovadora en Ourense; no segundo andar as participantes escolleron diferentes formatos dentro das artes plásticas para ofrecer a súa creatividade: pintura, escultura, tapiz, videocreación, fotografía, etc.



“Encontros 8 de Marzo”
Do 7 ao 8 de abril – Museo Municipal

"Muller, arte e creatividade" 


Pintura. Fotografía. Ilustración.

 Caricatura. Tapiz. Vídeo.

AsúnAda -Belen Andrade - Socorro Balvís-Castiñeiras Ana-Olalla Castro-colectivo METT03.04 formado : Andrea Valado, Silvia Ojea e Bibiana Lorenzo-Eva Domínguez-Aida Estrela-Flora Fernández-Natalia Figueiras-Natalia G. Devesa-Ana Iglesias- J. Jiménez-Charo López-Idoia Luxan-Elena Malleira–Merçé-Elena Nieto-Olalla FL-Concha Outeiriño-Celia Parra-Pirusca-Luchi Polo-Raquel Rei-Esther Rodríguez Balboa-Iolanda Rodríguez-Raquel Rodríguez-Alba Rubín-Tareixa Taboada-María Vilar-Rosa Villar.

Promocionar todas aquelas actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a creatividade artística das mulleres”.
Este é un dos obxectivos do Colectivo Violeta. As mulleres somos máis da metade do mundo e a penas temos espazos no eido da cultura visual.
Neste segundo Encontro queremos propoñervos que miredes estas creacións como unha forma de resistencia ás formas de facer, de ver, de reflectir na cultura dominante.
A cultura son os símbolos dunha sociedade, é a xanela dos valores que queremos transmitir.
E se eu digo “seres humanos” e “persoas” polo xenérico e non “homes” estou reivindicando uns valores determinados, unha sociedade que nos respecte na diferencia e nos iguale nas oportunidades.
As Violetas, neste mes de marzo, queremos ser un chisco provocadoras e espetarlle ao mundo a nosa visión: con colores, con sabores, con olladas, con linguaxes, con tacto, con ruído... ou o que é o mesmo, con pinturas, con esculturas, con videocreacións, con ilustracións, con fotografías, con montaxes e creacións artísticas en diversos formatos.
Entrades na exposición porque é creación ou porque son mulleres todas as artistas que expoñen?
E se fosen mulleres as que pintaban nas covas da prehistoria?.

Velaí tendes dúas exposicións, unha é unha morea de pintoras, esculturas, vídeos, collages, fotografías; a outra son caricaturas de mulleres, e ilustradoras, todas amosando un mundo máxico e persoal. Tamén as letras teñen un espazo, son as que colgan na escuridade dunha parede deste Museo Municipal.
Grazas ás 33 mulleres artistas, verdadeiras protagonistas do mes de marzo.

Ourense, Marzo de 2012


Actividades

Inauguración da exposición: “Muller, arte e creatividade” o día 7 ás 20.00 horas.
Contaremos coa actuación da gaiteira Tania.

Sábado, 11
Proxección do documental: "TAMBIEN SOMOS MUJERES “As mulleres con discapacidade intelectual somos, estamos, contamos”. Documental que narra cinco historias, cinco miradas distintas de cinco mulleres, ata agora invisibles.
Proxección do documental: "A LAS PUERTAS DE PARIS" A finais dos anos 60 máis de 600.000 españois vivían en Francia, Constituían a comunidade de emigrantes máis importante do pais.- A metade eran mulleres chegadas de diferentes puntos de España.- Moitas delas traballaron como porteiras.- Este documental fala de súa experiencia como inmigrantes, mulleres e traballadoras.
Organiza Colectivo Anacos da Cidade. Ás 18.00 horas .
Proxección do Audivisual: De Iolanda Rodríguez
Proxección dos audiovisuais: “Noite de Ronda I”, “Noite de Ronda II” e “Noite de Ronda III”. As mulleres fotografas saen de ronda a fotografar a outras mulleres.
Ás 19.45horas, no Museo Municipal de Ourense.

Sábado, 17
O grupo “As Candongas do Quirombo” preséntannos as proxeccións videopoemas, (todas as mulleres que fun, agora ti, Coda, Helena a escuras...), os Microdocus nos que están a traballar ultimamente. È un colectivo poético audiovisual formado orixinalmente pola poeta Andrea Nunes Brións e a comunicadora audiovisual Raquel Rei Branco.
Ás 19.00 horas, no Museo Municipal de Ourense.

Sábado, 24
Representación teatral: “Almas do triángulo”. Escrito e dirixido por Bea Carracedo. Interpretado por, Carmen Corrales, Alba Caneja, Raquel Doval, Belén Padrón e Trinidad Domínguez. Colaboran , Raquel Doval, Trini Domínguez, Berta Rodríguez, Alba Rubín, e a Bufarda de Ourense.
Representación a cargo do grupo obradoiro de Esther Movilla,
Ás 19.00horas, no Museo Municipal de Ourense.








Aqui deixo algunhas fotos facilitadas polo Colectivo Artístico METT 03.04 : http://www.mett0304colectivo.com.es/






jueves, 1 de marzo de 2012

A nena dos cabelos vermellos observando a vacaloura

A nena dos cabelos vermellos gústalle ir o monte, e aínda que é moi despistada, sempre logra observar algo entre as árbores. E dende detrás da árbore grita: ¡¡Mira o pío, pío!!



Unha pequena acuarela sobre un papel poco adecuado... Interesante como quedan as marcas do pincel.

E por aquí vai o proceso:




Espero que guste o agasallo :D

miércoles, 22 de febrero de 2012

A nena dos cabelos vermellos rega os Gamusinos.

Cada certo tempo a nena dos cabelos vermellos queda co seu amigo Camachuelo, aínda que ela o  coñece como Paporroibo Real... El a recolle no seu calcetín e ambos van regar os Gamusinos. É unha gran tarefa, pois aínda que non se sabe os Gamusinos son moitos, pero camúflanse moi ben.

Unha vez regados os Gamusinos empezan a poñerse verdes, e é así como os localiza para poder falar con eles. Se non fai isto nunca sabe se fala con eles ou con unha pedra.









miércoles, 15 de febrero de 2012

Un dos meus debuxos na pel dunha amiga.

Fai un tempo unha amiga pediume un debuxo para unha tatuaxe. En principio as súas indicacións foron: unha lúa atravesada por unha rama con un búho... Coñecendo un pouquiño os seus gustos e despois de mostrarlle 3 deseños distintos elixiu este:




O fixeron na tenda de Caramba en Vigo.

E menudo traballo que fixeron, aunque a foto non é moi boa, é precioso velo en directo. Quedoulle xenial, e persoalmente fascíname ver un debuxo meu na pel dunha persoa e máis dunha amiga.
Gracias C., sempre quixen ver un dos meus debuxos na pel.

Sempre se pode facer estilos e cousas distintas...

miércoles, 1 de febrero de 2012

Gracias MO por pensar en este blog!!

Mentres pelexábame co meu portátil, coas súas toleadas que alteran o teclado, con tódolos problemas que estábame a dar para poder facer unha simple entrada nun dos blogs nos que participo, volvín ó escritorio e encontreime cun comentario de MO!! e facendo caso o seu comentario entrei no seu blog: http://crisalida-mononoke.blogspot.com/ e alí encontrei unha sorpresa grata, entre as súas eleccións de "Premio Liebster Blog Award" estaba o meu blog.



Grazas por terme en conta MO!!  Crisálida:




Agora a explicación do "Premio Liebster Blog Award". É un premio que se concede de blogger a blogger, reservado únicamente a blogs con menos de 200 seguidores. O blog afortunado que recibe este premio ten que facer o seguinte:

1. Agradecer o premio a persoa que o concedeu e postear o link do seu blog.




2. Outorgar o premio a 5 blogs e enviar un comentario a cada un deles.

Difícil escoller entre todos os blogs que sigo e curioseo, difícil escoller tan só 5 a verdade, pero bueno... Aqui van 5 pequenas seleccións, escollerei un pouco de variedade:



Polo seu amor as artes gráficas...
............



Polo seu esforzo en capturar e loitar a súa maneira pola fauna que tócame de cerca...
............

Mercedes Pérez "Kotori": http://elreflejodeuzume.blogspot.com/

Y aquí una muestra de los Haikus de kotori:

hojarasca helada...
el crujido de un árbol 
que se desploma.

Por os seus Haikus, e as imaxes que compón para eles...
............


Emmanuel Chaussade: http://aima007.blogspot.com/


Pola súa información a través das imaxes e a súa constancia diaria...
............




Polas seu aprecio o sutil, o que se nos pode escapar...


O daría a moitos máis sen dúbida pero aqui van estes.
Un saúdo e boas noites......

sábado, 28 de enero de 2012

martes, 24 de enero de 2012

Seguimos cos contos... CM4

Seguimos polo mar coas contos de María...


Castelos na area...



Día tras día co mar...


Na beira do mar.


No fondo do mar cantos...


lunes, 9 de enero de 2012

Exposición "MAS"




O grupo de artistas plásticas Sol Poniente do que formo parte empezamos o ano cunha mostra de:
 Pintura (Alicia), Serigrafía (Yellice) e Ilustración (Olalla-Ofl).
 A nova exposición de nome:
"MAS" 
é do 7 de xaneiro ao 11 de febreiro do 2012.

O lugar: Carpe Diem café, C/ Barcelona (interior). Vigo.

Información sobre a dirección:


Pinchar na imaxe para ampliar.
Pinchar na imaxe para ampliar.


Esperamos que vaiades a exposición e gocedes tanto das obras como do lugar!


A continuación as obras expostas das miñas compañeiras e as miñas: