"Cactus erectus"
"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"
miércoles, 1 de junio de 2011
martes, 31 de mayo de 2011
Este venres 3 de Xunio de 2011 - Exposición
Boas. Aquí vai o cartel da próxima exposición de SOL PONIENTE (grupo artístico do que formo parte, xunto a Yellice e Alicia). Animaros a vir a inauguración este venres 3 de Xunio ás 21.00 no "El Golem Café", Rúa Irmandiños 2, Vigo.
lunes, 30 de mayo de 2011
Bolboreta
Nunca pintara unha bolboreta... Polo menos non así, pero no descanso dos corpos para a exposición, dende ¿Godot? preguntáronme, e non podía deixar a MO sen resposta. Cada un debuxa, pinta (e moitas outras cousas) e sinte de maneira distintas, cada un percibe o mundo a súa maneira. Cando a bolboreta ponse almorzar, acórdome de como almorzaba eu cando era pequena, de como tomaba os líquidos... ¿sabedes ou non? Bueno... Enfin... Aquí vai unha Bolboreta despois destes días de corpos.
Boas noites ou bos días!
Boas noites ou bos días!
viernes, 27 de mayo de 2011
Espidos III
Antes de marchar do fogar, outro da serie "Espidos", dende o límite da costa... Entre terra e mar, ALZAOS!!!
Espido II
"Bos días" tardíos... Aquí outra visita corporal. ¿Quen quere unha mazá?
Parece que por unha mazá leva una gran carga, ¿ou non? Bah!! Serán imaxinacións miñas...
Parece que por unha mazá leva una gran carga, ¿ou non? Bah!! Serán imaxinacións miñas...
Espido I
Creo que a serie vai tomando un matiz máis simple, quizás onde se defina máis o debuxo creo que é superior a min.
Boas noites e dulces soños....
Boas noites e dulces soños....
jueves, 26 de mayo de 2011
Ra vixiante
Aquí outro animal mentres estou coa exposición... Xa cambiei de serie. Como ando cos animais de un lado a outro desvieime un tanto do que tiña pensado, como sempre. Mentres aquí queda unha simpática ra.
Tanto vixiar, váiselle saír un ollo
martes, 24 de mayo de 2011
"Pupa"
Mentres ando argallar na exposición de xuño... Entre bosquexo e bosquexo unha mirada a ventá:
miércoles, 18 de mayo de 2011
Espidas
Para xunio temos unha exposición, e eu estou a facer unha nova serie. Pero teño as miñas dúbidas... En principio este é o camiño de "Espidas" a ver a onde me leva, non o teño nada claro:
lunes, 16 de mayo de 2011
domingo, 15 de mayo de 2011
jueves, 12 de mayo de 2011
Romance de Bernaldino e Sabeliña
Aquí poderedes escoitar o romance a través de Luar na Lubre. Romance de Bernaldino e Sabeliña.
Belo romance... Estes debuxos fixéronse como fondo para o grupo "Vagalume" e a súa actuación no "Día das letras Galegas" no Centro Social de Coia.
Belo romance... Estes debuxos fixéronse como fondo para o grupo "Vagalume" e a súa actuación no "Día das letras Galegas" no Centro Social de Coia.
viernes, 6 de mayo de 2011
Algunhas criaturas do subsolo
Camiñando polo bosque, se paras encontras. É como aquel que busca cogumelos e nunca os atopa e derrepente dase de conta que está rodeado des cogumelos, e non entende como non se percatara antes...
![]() |
| As portas ó subsolo |
![]() |
| Zaho/ Ceri : Aliméntanse de zume de cenorias para tinguir os puntos do seu corpo e que estes se volvan luminosos. |
![]() |
| Sebol: Vai deixando sombreiros polo mundo, por iso temos tantas variedades de plantas... Os seus dedos son un tanto velenosos. |
miércoles, 4 de mayo de 2011
O paxariño constipado
Entre o momento malestar que estou a pasar (xa non sei se é alerxia, o arresfriado o un cúmulo de todo) sempre encóntrase un momento para pintar ou debuxar... Este é un paxariño un tanto triste ou iso parece, seguro que pegueille o arresfriado.
sábado, 30 de abril de 2011
Exposición do "I Certame de Pintura Antonio Quesada"
A continuación as obras seleccionadas, autores e premios... Unha exposición de 3 días (29, 30 de abril e 1 de maio de 2011) na Casa da Cultura Galega, en Vigo. As edades comprendidas do certame vai dende os 16 ata os 35. Os enlaces correspondentes:
A exposición.
"Novos valores la plástica Galega"
Os seleccionados.
O xurado.
Ganadores.
Perdoade a calidade das fotos (son malas), non hai nada como o directo, nen punto de comparación.
A exposición.
"Novos valores la plástica Galega"
Os seleccionados.
O xurado.
Ganadores.
Perdoade a calidade das fotos (son malas), non hai nada como o directo, nen punto de comparación.
sábado, 23 de abril de 2011
jueves, 14 de abril de 2011
A nena dos cabelos vermellos XVIII
Título: "Aves migratorias"
Acrílico sobre cartón.
86cm x 60cm
O recordo pode ser un presente continuo...
jueves, 24 de marzo de 2011
Xeracións
Eses pequenos momentos que son plenos na vida.
Ese traballo a carón das persoas que queres, conseguindo facer algo bo, algo entre distintas xeracións (avoa, filla, neto), esas cousas que enchen como é un traballo ben feito!!!
O momento, o agora, o instante....
Ese traballo a carón das persoas que queres, conseguindo facer algo bo, algo entre distintas xeracións (avoa, filla, neto), esas cousas que enchen como é un traballo ben feito!!!
O momento, o agora, o instante....
"Xeracións"
100 x 81 cm. Acrílico sobre lenzo.
Vigo. 2011
martes, 22 de marzo de 2011
Primavera 2011
Vai marchando o inverno pouco a pouco cara outras augas...
As flores da cerdeira non paran de chegar ó árbore espertando co seu canto ó durmido...
As flores da cerdeira non paran de chegar ó árbore espertando co seu canto ó durmido...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


































