"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

martes, 5 de octubre de 2010

Paseando o bosque

Soño de Panza

Flor canta a lúa en Terras de ninguén.


 En terras de ninguén a flor pode cantar a lúa.



Gato - Morsa e Trasno na orella

Coidado co que escoites, e de quen ben, pois hai moito traste solto por aí adiante e moitos que argallan como estar preto da influencia da túa mente. Recoñece os trasnos....
 




































A natureza danos todo, só hai que pararse a escoitar o que está a berrar... Pero o que percibes pode modificarse sempre segundo a realidade de cada un.

Xogando cos fíos

Unha forma de facer mover o tempo, pero coidado cos despistes que fan nós nos fíos...



 Gústame xogar ¿e a vos? Son como unha nena pequena xogando a ser maior...

No fondo do pensamento

Un paseo pola mente do ser humano e a súa conexión co medio natural. O lado escuro da amargura buscando un pouco de osíxeno para poder respirar. "No fondo do pensamento" as bágoas poden saír libremente mentres na superficie a xente non para de aparentar estar ben, e non para de escapar os enfrontamentos da vida. "No fondo do pensamento" flotando co que nos rodea podes liberarte pero o interesante sería liberarse no exterior. Os pequenos cambios lévanse de dentro pa fora... Morderse a lingua non vale de nada, e se non a mordes sempre con tacto.



No fondo do pensamento, sempre nos podemos perder aínda máis.

Un paseíño polo aula de serigrafía.

Non só fixemos serigrafías que mostrarei en publicacións posteriores, senón que tamén pintamos e debuxamos mentres esperábamos a máquina ou como a chamamos nos "a bestia"... E a verdade é que foi unha tempada moi produtivo. Alí volvín recuperar a motivación e as gañas de debuxar e pintar. Agora non hai día que non faga algo... Ideas que veñen e van nos diferentes campos...

Aquí imaxes dos momentos finais dese curso 2008-2009 e da exposición:





lunes, 4 de octubre de 2010

Parada 25

O espazo faise e desfaise nun mesmo tempo. O que empeza aparecer desaparece nun mesmo intre, nunca chega a coñecerse por completo. O tempo está no pasado, no presente e no futuro a vez, por iso o que está inacabado realmente está acabado, pois na PARADA 25 o cambio do espazo é constante e a espera absurda, pois todo o que xorde cambia no momento. Benvidos o espazo de tránsito da PARADA 25.


jueves, 30 de septiembre de 2010

Namentres A cascada e O vixiante

Entre a fervenza e o vixiante, o mundo parece natural, próximo a un bosque de soño que se derrete co paso do tempo.

Burbullas visitan estes lugares, co vixiante sempre atento a quen chega. Os paxaros tranquilos dende as alturas, voan ou cantan ao seu antollo...
































O vixiante dáche a benvida o bosque máxico e invítache a pasar a fervenza que o mantén. Gozade do paseo, máis alá das portas vermellas.

miércoles, 29 de septiembre de 2010

¿Que che pasa?


Fai tanto, que quedou transformada no soporte doutra (A cascada)



Pero as veces, aínda agora,  no seu fondo percibes o medo que aínda ten. Notas como esvaecese de todo o que está o seu arredor para entrar noutro mundo no que se esconde do seu entorno directo coa realidade. Só as veces, permítese o luxo de visitar este outro lugar onde o medo queda fora e outras "cousas" cobran vida.

Próxima parada: A cascada.

lunes, 27 de septiembre de 2010

Antes da nena dos cabelos vermellos: o bosque.

Ergueuse de madrugada enredada entre lá vermella. Dende a ventá o baleiro quedáballe a unha altura relativamente maior a súa figura, pero menor ca súa cordura. Contempla o amencer tódolos días dende o mesmo sitio, e espera co tempo pase sen perderse. Así chega a noite, unhas veces con lúa, outras sen ela... Pero, a lá cúbreo todo pouco a pouco, canto mais tempo pasa observando, mais esténdense os seus soños, máis encérranse e máis escápanse. Pero ela mantense inmóbil, sentada na ventá como nena que se senta nunha randeeira. Pasa o tempo no silencio, transformando as súas palabras en refachos de vento alimentando os asubíos das casas. O faiado tinguido de vermello, xa non é un espazo baleiro, xa non é onde van as cousas vellas... Agora é outra realidade; unha alfombra que o cubre todo tinguíndoo de vida, as portas do bosque están abertas e ela empeza a expandirse.




Invítovos a unha das portas para entrar os meus soños... Seguide o fío...

O primeiro paso cara os Espidos

Creo que como paseo polo pasado xa chegou, quizais volva algunha que outra ollada o tempo anterior, pero polo momento é suficiente. 

No corpo humano encontro un interesante tema no que desenvolverme, unha cuestión de atracción pola beleza que este ten. Quizais na busca dun mesmo, o xogar coas formas do corpo, doume conta da importancia e o peso da mente co corpo e viceversa, e o mesmo tempo as influencias externas que nos fan mutar tanto no interior como no exterior. O equilibrio das aglomeracións é moi fráxil...



Saúdos.

viernes, 24 de septiembre de 2010

Monstros nas escaleiras

A obra que mostro era unha intervención nun espazo cotiá, onde os monstros do ático expandíanse polas paredes e escaleira. A verdade e que continuei por un tempo coas acuarelas, o gusto pola mancha e as formas foi aumentando co paso do tempo.




































A idea era seguir cubrindo pouco a pouco todo o espazo en distintos tempos, como se fora musgo que vai cubrindo todo, pero o tempo era reducido para a presentación da obra...


Coñecendo a acuarela

A continuación mostrarei algunhas das primeiras acuarelas da miña vida,  un paso cara a mancha.


E a continuación un pequeno avance do rumbo que fun atopando coa acuarela e o corpo humano.



Un saudiño.

Unha chiscada a evolución...

Os primeiros bosquexos e interpretacións que fixen nos primeiros anos con modelo. Aquí empezou a miña paixón polo corpo humano e as súas formas...



O corpo humano non ten pérdida.

jueves, 23 de septiembre de 2010

Os comezos...

A continuación mostrarei os primeiros, ¿como chamalos? "Quinitos" torpes o longo de moitos outros, co fin de mellorar a técnica e a observación...






Entón tamén descubrín o corpo humano en todo seu esplendor... Pero isto, o deixarei para a seguinte entrada.

Un, entre moitos mestres de antano

Hoxe estou pouco inspirada pero xa que apañei as fotos terei que ir poñéndoas. A continuación poderedes ver o primeiro artista de tradición barroca co que practiquei o claro-oscuro. Sempre e produtivo traballar cos grandes mestres do pasado, reinterpretar ou practicar para aprender cousas novas, mellorar o que se sabe e ser máis conscientes dos erros e vicios que temos cada un. Son moitos os grandes de onte para poder adquirir certa técnica, credibilidade e seguridade no que se vai creando. A continuación poño unhas imaxes dos bosquexos que fixera na copia de José de Ribera,  quedara fascinada coa muller barbuda (aparte doutras obras).

En grafito e lápices de cores.


En grafito, pastel e conté blanco.

E non teño moito máis que engadir. Xa sabedes hai que pasar por todas as épocas para poder acercarse cada vez máis o propio creador que levamos dentro.

Abur.

Un acercamento o gravado

Para un acercamento teórico, os recomendo en caso de dúbidas a Yellice, unha muller que pensa en gravado...  Que sepas Yellice que gracias a ti e xa que no seu momento non valorei o gravado coma debería, despois de coñecerte aprendín novos valores ocultos no gravado.  Aqui dos pequeños traballos da época de facultade relacionados co arte gráfico:

Collagraph

Xilografía

A verdade e que de todo o gravado o que máis me gustou no que traballei foi o Collagraph e a Xilografía. Por iso poño estes dous. Foron os primeiros que fixen de cada unha das técnicas.

Un saudiño

domingo, 20 de junio de 2010

Exposicións de Serigrafías e Orixinais do curso 2009-2010

O grupo desta exposición:




A ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO
PRESENTA NO TALLER DE SERIGRAFÍA
UNHA EXPOSICIÓN O PÚBLICO DENDE O LUNS 21 ATA O 30 DE XUÑO

O taller de serigrafía da EMAO en Vigo, que púxose en marcha a finais do ano pasado, Converténdose nun viveiro de artistas.

En apenas uns meses de traballo, unha vintena de artistas noveles desenrolaron unha vasta produción en serigrafía a partir de orixinais dos propios artistas.

Unha coidadosa selección das obras máis representativas exponse estes días nos locais da EMAO, nun montaxe realizado polos propios artistas, coa supervisión do mestre en serigrafía Nelson Villalobos.

A exposición consta de orixinais e serigrafías de estilos heteroxéneos, reflexo das distintas personalidades en busca dun obxectivo común: ¿a exploración dun camiño propio no mundo do arte?


HORARIOS LUNS A XOVES, DE 16:00 A 21:00 HORAS, VENRES Das 16:00 AS 18:30 HORAS
EMAO, AVD. GARCIA BARBON 5

...Texto y diseño del cartel por Alberto Granada...



Abrindo as portas a cidade:




Obras en B/N:


Mostra visual da explicación do proceso, realizada por Yellice:



Un paseo pola exposición:


E aquí a miña:



Dende o taller de Serigrafía Artística da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, os alumnos estamos facendo "RUÍDO" para que se nos escoite, e o facemos a través do noso traballo, NOSO ARTE.

Nos estamos moi orgullosos do traballo que realizamos durante este curso e por elo querémo-lo mostrar o mundo e invitarvos a que pasedes pola escola, concretamente polo taller de Serigrafía-Artística, e gocen do noso traballo.

E por último unha pequena presentación dun montaxe en power point realizado por Alberto Granada:


E por último o blog do taller de Seriografía Artística:


http://emaoserigrafiaartistica.blogspot.com


jueves, 3 de junio de 2010

Entreculturas

Entreculturas - Aquí un enlace para a información dos actos. Ademáis poden encontrarlos por Facebook.

Yellice foi invitada a participar nestos actos, e invitounos a participar con ela no seu "stand". A continuación mostré unhas fotos desta pequena exposición na rúa.
Recoméndolles que visiten estes actos e que se informen.


 O posto de combate.
Axudando na montaxe.






As obras de Yellice





As obras de Alicia Pérez a esquerda e as miñas a dereita.




Pulpo de la librería Bule-Bule



Yellice y Gabriela Balli