"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

martes, 26 de octubre de 2010

As mil mañas I

"Antoloxía do conto popular galego" Editorial Galaxia, S.A.
Henrique Harguindey e Maruxa Barrio.

O que fixen foi coller un dos textos do libro citado con anterioridad é facer unhas ilustracións por gusto para o conto "AS MIL MAÑAS". Son catro ilustracións.







Detalles do pasado II



Soporte: Academia Fabriano 350 grs.
Medidas: 35 x 49,8 cm.
Nº de tintas: 3.
Edición de 10.




Detalles do pasado

Este é o previo da serie "A senda dá avoa". Os primeiros cadrados xogando cunha ollada o pasado. Onde non escollo unha imaxe completa, senón un detalle. Nestes debuxos aínda non está definido o tema, é unha mestura. Máis adiante, noutras entradas irei mostrando a serie da "A senda dá avoa", o primeiro tema desta serie son os transportes... Aquí tiven un intento para comezar a serie pero o papel non era o axeitado.



 Este foi a primeira proba... A partir de aquí fixen para a serie "A senda da avoa", unha plantilla para que todos os cadrados tiveran a misma distancia entre eles e os límites do papel.
Aquí foi o intento co papel, pero non funcionaba. Demasiado plástico e brillante.



 Máis adiante irei ensinando a serie, pouco a pouco, para que as entradas teñan variedade de cousas e non sempre debuxo, ou non sempre pintura, etc... Por isto de que o ollo non se aburra.
E agora unha presentación de cada cadrado:





Edificios-casas



Soporte: Academia de Fabriano 350 grs.
Medidas: 35 x 49,8 cm.
Nº de Tintas: 4.
Edición de 10.

Un labirinto de Edificios-Casas...

O nacemento das casas-edificios

Paseando pola tinta chinesa e buscando formas nos edificios, encontrei estas pequenas casas-edificios...¿Porque as chamo así? É unha mestura entre o recordo das casas construídas en árbores da infancia, mesturado cos edificios que me rodean na cidade...  Fogares de altura.





De cerca e de lonxe:




Un saúdo dende as alturas....


lunes, 25 de octubre de 2010

Pío, pío en B/N


Estes son os esbozos antes das serigrafías:





As primeiras serigrafías con paxaros pasando pola simplicidade do momento.
10 escenas distintas dos paxaros en serigrafías B/N:






miércoles, 20 de octubre de 2010

Esquecer-Lembrar

E a vella dixo:
Voume perdendo no tempo. Desfágome no espazo mentres mestúrome co que me rodea. Quen son? Un reflexo contaminado do que me rodea máis a miña esencia. Aquilo que intento recuperar para non caer no meu propio esquecemento...

Esquecer: Deixar saír da memoria....

Recordo o meu medio, os camiños que vou tomando pero tamén encontro furacos que me levan a pasados afastados ou quizais próximos. Aos poucos reconstrúome como unha cidade que non para de refacerse. Un mapa de recordos desordeados sen ton nin son...

Lembrar: Traer a memoria....

As veces esquezo lembrar... E outras lembro esquecer...

viernes, 8 de octubre de 2010

A persoa da fiestra

Gústame saír ó balcón e ver as persoas pasar. Sinto a cidade de noite, escoito o seu silencio, ollo as súas rúas e son reflexos; parte da calma, parte dos pensamentos voan nese momento. Silencio, rúas baleiras cheas de luces que esperan acadar o ceo algunha vez, que esperan poder chegar ao día para durmir. Un paxaro rozoume, voaba lento, despistado...






Bos días...

jueves, 7 de octubre de 2010

3 Xeracións

Con esta obra sentinme libre, por iso téñolle un especial aprecio. Teñen algo, as súas olladas... Esa escuridade con luz e a tranquilidade coa que miran fixamente... Un sorriso de calma, todo vai ir ben. É evidente que me vexo influenciada polo que significa para min emocionalmente.Baleirarse...



Boas esas son as súas palabras, e as veces duras... O silencio e o seu compañeiro, sen xuízos...


miércoles, 6 de octubre de 2010

Imaxinando as estrelas con acetatos

Hundertwaser. Me fascinan os traballos deste artista. Deixo o enlace para os que non o coñezan e poidan así, apreciar a súa obra. A continuación mostro un pequeno traballo de análises dunha das obras deste home. O analizar a obra acabei atopándome xogando coas estrelas. Son todo acetatos, en uns dividín as cores e en outros as liñas de composición, as figuras xeométricas, o debuxo en sí mesmo, etc...

Xogando coas estrelas encontrei máis espazos polos que camiñar...








martes, 5 de octubre de 2010

Carballo

Apareceu cunha folla e sen raíces, unha simple pola sen comezo. Pero encontrou un lugar, auga e luz que lle dá alimento, encontrou un ambiente cálido e cheo. Foi medrando. Ás veces fálolle, e el devólveme cada conversación con movementos. Agora ten grandes raíces e ó final do seu enroscado corpo aparecen as follas que seguen medrando. Se ves os seus adentros, entre as follas maiores, ves como as pequenas protéxense e van subindo... Sempre me ensina algo co tempo, sempre aprendo de cada movemento.




Bolboreta

Paseando o bosque

Soño de Panza

Flor canta a lúa en Terras de ninguén.


 En terras de ninguén a flor pode cantar a lúa.



Gato - Morsa e Trasno na orella

Coidado co que escoites, e de quen ben, pois hai moito traste solto por aí adiante e moitos que argallan como estar preto da influencia da túa mente. Recoñece os trasnos....
 




































A natureza danos todo, só hai que pararse a escoitar o que está a berrar... Pero o que percibes pode modificarse sempre segundo a realidade de cada un.

Xogando cos fíos

Unha forma de facer mover o tempo, pero coidado cos despistes que fan nós nos fíos...



 Gústame xogar ¿e a vos? Son como unha nena pequena xogando a ser maior...

No fondo do pensamento

Un paseo pola mente do ser humano e a súa conexión co medio natural. O lado escuro da amargura buscando un pouco de osíxeno para poder respirar. "No fondo do pensamento" as bágoas poden saír libremente mentres na superficie a xente non para de aparentar estar ben, e non para de escapar os enfrontamentos da vida. "No fondo do pensamento" flotando co que nos rodea podes liberarte pero o interesante sería liberarse no exterior. Os pequenos cambios lévanse de dentro pa fora... Morderse a lingua non vale de nada, e se non a mordes sempre con tacto.



No fondo do pensamento, sempre nos podemos perder aínda máis.

Un paseíño polo aula de serigrafía.

Non só fixemos serigrafías que mostrarei en publicacións posteriores, senón que tamén pintamos e debuxamos mentres esperábamos a máquina ou como a chamamos nos "a bestia"... E a verdade é que foi unha tempada moi produtivo. Alí volvín recuperar a motivación e as gañas de debuxar e pintar. Agora non hai día que non faga algo... Ideas que veñen e van nos diferentes campos...

Aquí imaxes dos momentos finais dese curso 2008-2009 e da exposición:





lunes, 4 de octubre de 2010

Parada 25

O espazo faise e desfaise nun mesmo tempo. O que empeza aparecer desaparece nun mesmo intre, nunca chega a coñecerse por completo. O tempo está no pasado, no presente e no futuro a vez, por iso o que está inacabado realmente está acabado, pois na PARADA 25 o cambio do espazo é constante e a espera absurda, pois todo o que xorde cambia no momento. Benvidos o espazo de tránsito da PARADA 25.


jueves, 30 de septiembre de 2010

Namentres A cascada e O vixiante

Entre a fervenza e o vixiante, o mundo parece natural, próximo a un bosque de soño que se derrete co paso do tempo.

Burbullas visitan estes lugares, co vixiante sempre atento a quen chega. Os paxaros tranquilos dende as alturas, voan ou cantan ao seu antollo...
































O vixiante dáche a benvida o bosque máxico e invítache a pasar a fervenza que o mantén. Gozade do paseo, máis alá das portas vermellas.

miércoles, 29 de septiembre de 2010

¿Que che pasa?


Fai tanto, que quedou transformada no soporte doutra (A cascada)



Pero as veces, aínda agora,  no seu fondo percibes o medo que aínda ten. Notas como esvaecese de todo o que está o seu arredor para entrar noutro mundo no que se esconde do seu entorno directo coa realidade. Só as veces, permítese o luxo de visitar este outro lugar onde o medo queda fora e outras "cousas" cobran vida.

Próxima parada: A cascada.

lunes, 27 de septiembre de 2010

Antes da nena dos cabelos vermellos: o bosque.

Ergueuse de madrugada enredada entre lá vermella. Dende a ventá o baleiro quedáballe a unha altura relativamente maior a súa figura, pero menor ca súa cordura. Contempla o amencer tódolos días dende o mesmo sitio, e espera co tempo pase sen perderse. Así chega a noite, unhas veces con lúa, outras sen ela... Pero, a lá cúbreo todo pouco a pouco, canto mais tempo pasa observando, mais esténdense os seus soños, máis encérranse e máis escápanse. Pero ela mantense inmóbil, sentada na ventá como nena que se senta nunha randeeira. Pasa o tempo no silencio, transformando as súas palabras en refachos de vento alimentando os asubíos das casas. O faiado tinguido de vermello, xa non é un espazo baleiro, xa non é onde van as cousas vellas... Agora é outra realidade; unha alfombra que o cubre todo tinguíndoo de vida, as portas do bosque están abertas e ela empeza a expandirse.




Invítovos a unha das portas para entrar os meus soños... Seguide o fío...

O primeiro paso cara os Espidos

Creo que como paseo polo pasado xa chegou, quizais volva algunha que outra ollada o tempo anterior, pero polo momento é suficiente. 

No corpo humano encontro un interesante tema no que desenvolverme, unha cuestión de atracción pola beleza que este ten. Quizais na busca dun mesmo, o xogar coas formas do corpo, doume conta da importancia e o peso da mente co corpo e viceversa, e o mesmo tempo as influencias externas que nos fan mutar tanto no interior como no exterior. O equilibrio das aglomeracións é moi fráxil...



Saúdos.

viernes, 24 de septiembre de 2010

Monstros nas escaleiras

A obra que mostro era unha intervención nun espazo cotiá, onde os monstros do ático expandíanse polas paredes e escaleira. A verdade e que continuei por un tempo coas acuarelas, o gusto pola mancha e as formas foi aumentando co paso do tempo.




































A idea era seguir cubrindo pouco a pouco todo o espazo en distintos tempos, como se fora musgo que vai cubrindo todo, pero o tempo era reducido para a presentación da obra...


Coñecendo a acuarela

A continuación mostrarei algunhas das primeiras acuarelas da miña vida,  un paso cara a mancha.


E a continuación un pequeno avance do rumbo que fun atopando coa acuarela e o corpo humano.



Un saudiño.

Unha chiscada a evolución...

Os primeiros bosquexos e interpretacións que fixen nos primeiros anos con modelo. Aquí empezou a miña paixón polo corpo humano e as súas formas...



O corpo humano non ten pérdida.

jueves, 23 de septiembre de 2010

Os comezos...

A continuación mostrarei os primeiros, ¿como chamalos? "Quinitos" torpes o longo de moitos outros, co fin de mellorar a técnica e a observación...






Entón tamén descubrín o corpo humano en todo seu esplendor... Pero isto, o deixarei para a seguinte entrada.

Un, entre moitos mestres de antano

Hoxe estou pouco inspirada pero xa que apañei as fotos terei que ir poñéndoas. A continuación poderedes ver o primeiro artista de tradición barroca co que practiquei o claro-oscuro. Sempre e produtivo traballar cos grandes mestres do pasado, reinterpretar ou practicar para aprender cousas novas, mellorar o que se sabe e ser máis conscientes dos erros e vicios que temos cada un. Son moitos os grandes de onte para poder adquirir certa técnica, credibilidade e seguridade no que se vai creando. A continuación poño unhas imaxes dos bosquexos que fixera na copia de José de Ribera,  quedara fascinada coa muller barbuda (aparte doutras obras).

En grafito e lápices de cores.


En grafito, pastel e conté blanco.

E non teño moito máis que engadir. Xa sabedes hai que pasar por todas as épocas para poder acercarse cada vez máis o propio creador que levamos dentro.

Abur.

Un acercamento o gravado

Para un acercamento teórico, os recomendo en caso de dúbidas a Yellice, unha muller que pensa en gravado...  Que sepas Yellice que gracias a ti e xa que no seu momento non valorei o gravado coma debería, despois de coñecerte aprendín novos valores ocultos no gravado.  Aqui dos pequeños traballos da época de facultade relacionados co arte gráfico:

Collagraph

Xilografía

A verdade e que de todo o gravado o que máis me gustou no que traballei foi o Collagraph e a Xilografía. Por iso poño estes dous. Foron os primeiros que fixen de cada unha das técnicas.

Un saudiño