"Entre a realidade e os soños trazo líneas e cores nos papeis"

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Exposición colectiva de ilustración: "La esquina coloreada"

Yellice Rodríguez: http://yellice303.blogspot.com/

Este sábado un sitio entrañable no que pasar o día e gozar dunha nova exposición, esta vez adicada a ilustración.
¡Agradecer que contedes comigo para esta exposición e polo lugar!

E agora deixo os datos do lugar, un sitio con historia e con encanto, a última parada no camiño de Santiago de Compostela:

Confitería-café La Esquina:
 http://confiterialaesquina.com/
https://www.facebook.com/profile.php?id=100002743317176

E a partir das 20h:


Ubicación: http://confiterialaesquina.com/googlemaps.html

Algunas imágenes de la exposición:





miércoles, 23 de noviembre de 2011

X concurso Francisco Mantecón 2011

Enlaces de interés:
O concurso:
http://www.franciscomantecon.com/
A bodega:
http://www.terrasgauda.com
En Facebook:
http://facebook.com/concursomantecon

A exposición permanecerá aberta o público na Estación Marítima de Vigo dende o sábado 29 de outubro ata o 14 de decembro, de luns a venres no horario de 10 as 14 horas e de 17 as 20 horas; os sábados, domingos e festivos de 10 as 14 horas.
Un paseo xeral pola exposición:



Nesta edición do 10º concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, presentáronse   máis de 2.100 carteis de 54 países de todo o mundo, pola información que recollín da rede o aumento é de máis de 500 carteis en comparación ó 2010. Ademais do aumento de participantes, este ano Terras Gauda conta no xurado cunha representación dos deseñadores nacionais con maior prestixio internacional, os cales farán a selección dos finalistas e premiados do certame da exposición, este xurado está composto por:
Javier MariscalAlberto Corazón,  Óscar Mariné, Manuel Estrada, Isidro Ferrer, Pep Carrió, Emilio Gil.
Ademais de Pilar Barreiro Mosquera (Filóloga e viúva de Francisco Mantecón), Enrique Costas Rodríguez (Director Xeral de Bodegas Terras Gauda), un representante da Fundación Porto de Vigo, o secretario será Paulino Novo Folgueira (Filólogo) e Sebastián Büsching (Gañador da edicción 2010).


FINALISTAS 2011: http://www.facebook.com/media/set/?set=a.269329629786608.79697.100001287195206&type=1&l=09283def48

GANADORES Y FINALISTAS 2011: http://www.franciscomantecon.com/2011/esp/galeriapremiados.php


Nos próximos días na páxina de facebook do 10º Concurso internacional de Francisco Mantecón nos mostrarán os finalistas. Parabéns adiantados os finalistas e gañadores! e... Parabéns a todas as obras expostas, persoalmente foi impresionante a cantidade de conceptos, ideas e distintas formas de plasmalo... Aínda que haxa liñas nun mesmo sentido, algunhas parecidas cada obra é única sen dúbida, aínda que de tantas pode chegar a confusión, saín emborrachada de imaxes, pero o xenial e que cada vez que se vai se descobren unhas novas. E coma cando lees un bo libro e o tempo faiche esquecelo ou o recordo fai que se mesture con outros, cando volves a lee-lo gozas case coma se fora un novo descubrimento.

A continuación deixo a miña pequena participación no concurso:
Os carteis é unha simple mestura entre cor e xesto. A cor como entorno e o xesto como o acto e a identidade de Terras Gauda.

O último bosquexo:


As cores son a representación da auga-terra-viñedos-uva-aire. 
E o xesto en negro é a representación do sacacorchos na uva e a súa vez toma forma das iniciais de Terras Gaudas (desto decateime despois de traballa-lo no ordenador)

E aquí os dous carteis:

















miércoles, 16 de noviembre de 2011

Picoteiro

Ahí está a nena dos cabelos vermellos dende as alturas observando o bosqué a alí encontra o "PICOTEIRO" (Ampelis europeo)


Deixando espazo para o bosque...





Pío, pío seguimos practicando. Hai quen se da un baño para relaxarse, eu intento debuxar paxariños... Unha forma de facer unha limpeza mental para seguir con contos.

Seguimos cos contos... CM3

Outro no que ando indecisa, estou volvendo a facer o conto noutro formato e este debuxo quedará como bosquexo... Os antecedentes os finais.





E así quedará na carpeta gardado...

martes, 8 de noviembre de 2011

As carpetas para as serigrafías X

Pintando o ceo... Co cambio da estación cambio a la polo pincel, a lo menos durante un tempo. Pinta pequena pinta, que moitas son as estrelas e os desexos que cumprir.






Boas noites

domingo, 6 de noviembre de 2011

Seguimos cos contos... CM2

Vou facendo pouco a pouco, estes xa os tiña, o mellor máis a diante colgo unha mestura de varios, de momento aquí deixo uns que xa quedaron un tanto atrás. Uns pequenos detalles das ilustración que me manteñen ocupada:

Cando o mar fala:


Cando construímos fermosos castelos brancos:



Volta a ilustración... Cada vez queda menos tempo.